
+EMPREGA EN CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO 2025
Ata o 9 de xullo, están abertas as subvencións destinadas a financiar a integración e os contratos do persoal de apoio nos CEE, infórmate aquí!

Ata o 9 de xullo, están abertas as subvencións destinadas a financiar a integración e os contratos do persoal de apoio nos CEE, infórmate aquí!

Xa está aberta ata o 31 de xullo a convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para apoiar o funcionamento destas escolas durante o primeiro semestre de 2025. Tes unha escola de música vinculada a unha asociación ou fundación sen ánimo de lucro? Se a túa entidade promove a formación musical e cumpre cos requisitos, podes solicitar ata 9.000 € para cubrir gastos docentes, nóminas, materiais e moito máis.

Aberta ata o 06 de xullo a nova convocatoria destas axudas nacen para apoiar ás entidades sociais na creación de espazos e comunicacións accesibles para todas as persoas.
Un paso máis cara á inclusión real na nosa provincia.
O programa “Provincia +Inclusiva” 2025 aposta por un futuro sen barreiras.

Ata o 01 de xullo se tes unha idea cultural que une, transforma e medra dende o territorio, este é o teu momento. As Axudas para proxectos de cooperación cultural en zonas rurais buscan iniciativas que aposten pola innovación compartida, o traballo en rede e a participación cidadá. Xuntas, pequenas accións poden cambiar o mapa cultural do rural galego. Solicita a túa axuda e forma parte do cambio.

Aberta ata o 16 de xullo a nova convocatoria de axudas para conservar hábitats e especies mariñas e coidar as áreas mariñas protexidas.
Se tes un proxecto con alma azul, este é o teu momento.
Súmate á protección do noso océano! O mar precisa de nós... e nós do mar!

Ata o 23 de Xullo, imos coidar do noso planeta creando infraestruturas verdes que conecten a natureza coa cidade e co rural.
Estas axudas son a túa oportunidade para poñer en marcha proxectos que fagan do mundo un lugar máis verde, vivo e cheo de futuro!