Categoría ACTUALIDADE

XI FESTA POPULAR

Programación pechada!! A Asociación cultural Froles Mareliñas e artistas da Asociación Traspés organizan en Chapela na Senda Verde unha festa o vindeiro 14 de setembro na que haberá ioga, sesión vermut, escolas de baile e gran verbena ao final do día. Non agardes e pásate xa!

FESTA D@ SOCIO EN SALCEDA DE CASELAS    

Programación pechada!!O vindeiro 15 de setembro, en Soutelo, Salceda de Caselas, o Centro Cultural e Social acollerá a celebración desta festa dedicada aos socios e ás socias. O evento inclúe actuacións musicais, actividades de ocio para os pequenos e a degustación dunha deliciosa comida. Non a perdas!

XVIII FESTA DA ZORZA

Programación pechada!! A Asociación de Veciños da parroquia de Ventín organiza a XVIII Festa da Zorza no Concello de Fornelos de Montes coa XII Concentración de vespas e lambretas e a actuación do Trío Armonía. Colabora a Casa Rural de Ventín. Non cha perdas!

XXIV FESTA DO XURELO EN CABRAL

Programación pecahada!! Cabral conta os días para lamber os dedos cunha das derradeiras festas gastronómicas do verán,este sábado, 7 de setembro, a Asociación de Veciños da Feira de Cabral organizará a vixésimo cuarta edición da Festa do Xurelo.Non cha perdas!