Categoría ACTIVIDADES

FESTA DO CHOCO REDONDELA XXXVIII 2025

Do 9 ao 11 de maio, terá lugar en Redondela a FESTA DO CHOCO XXXVIII 2025, con actividades toda a fin de semana, onde poderás disfrutar da carpa de degustación, a Feira e os concertos; ou dunha visita en barco á illa de San Simón, non te perdas estas actividades do Concello de Redondela!

RECONQUISTA VIGO 2025

Vigo viste de historia! 🔥⚔️
Do 22 ao 30 de marzo, o Casco Vello transfórmase para revivir a expulsión das tropas napoleónicas en 1809. Goza dun ambiente único con mercados de época, desfiles, teatro de rúa e grandes recreacións históricas.
Vive a Reconquista de Vigo 2025 coma se estiveses no século XIX! 🎭

OBRADOIRO DE AUTOESTIMA

Queres traballar a túa autoestima nun espazo seguro e solidario? Dende a Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo ponse en marcha o primeiro Obradoiro de Autoestima deste ano. Un espazo para coñecernos, reforzar a nosa confianza e compartir en grupo.