SUBVENCIÓNS PLAN CORRESPONSABLES

Esta subvención busca axudar ás asociacións que facilitan a conciliación das familias, infórmate aquí!

OBXECTO 

O Plan Corresponsables ten como obxectivo facilitar a conciliación das familias con menores ao seu cargo de ata 16 anos mediante a creación de bolsas de coidado profesional. Ademais, pretende promover a creación de emprego de calidade no sector dos coidados e fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes nas tarefas domésticas e de coidado.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas neste procedemento (SI436B)as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran os requisitos, condicións e obrigas previstos nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións e en particular, os seguintes: 

  •  Estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). 
  •  Ter domicilio social ou delegación en Galicia. 
  • Carecer de ánimo de lucro.

Requisitos adicionais:

  • Dispoñer dun plan de prevención de riscos laborais, conforme á Lei 31/1995, do 8 de novembro


Exclusións:

  •   Non encontrarse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos número 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. 
  •   Non ser sancionadas, en virtude de resolución administrativa ou sentenza xudicial firme, pola comisión de infraccións graves ou moi graves en materia de prevención de riscos laborais no ano anterior a esta orde. 
  •  Non ser obxecto de sanción por resolución administrativa firme ou condenada por sentenza xudicial firme por levar a cabo prácticas laborais consideradas discriminatorias pola lexislación vixente, salvo cando se acredite cumprir coa sanción ou a pena imposta e elaborar un plan de igualdade ou adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes.

ACCIÓNS SUBVENCIONABLES

Consideraranse subvencionables as actuacións orientadas a facilitar a conciliación das familias con menores ao seu cargo de ata 16 anos mediante a creación de bolsas de coidado profesional. Estas actuacións deben promover a creación de emprego de calidade no sector dos coidados e fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes nas tarefas domésticas e de coidado.

CONTÍA 

A contía máxima da axuda por entidade será de 35.000 euros segundo a tipoloxía das accións .

PRAZO

Dende o 7 de febreiro ata o 7 de marzo

Máis información

Consulta a  

Máis concretamente no CAPÍTULO III

Acceder ao procedemento de tramitación:

  •  Código de procedemento 

 SI436B

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *