Contribuír a construír un sector comercial máis competitivo e dinámico, recóllese un conxunto de medidas entre as que cabe subliñar a dinamización e a revitalización dos centros comerciais abertos da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa adaptación á súa contorna, creando espazos confortables e de lecer que promovan o incremento da competitividade do comercio de proximidade, a incentivación do consumo e a satisfacción das necesidades da poboación, así como a xeración de puntos de atracción comercial nas cidades e vilas galegas.
BENEFICIARIOS
Asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro con ámbito de actuación en Galicia e que leven a cabo proxectos de interese comercial.
Requisitos adicionais:
- Antigüidade mínima de 3 anos.
- Contar cunha xerencia profesionalizada.
- Ter delimitación territorial clara.
- Mínimo de 50 comercios retallistas asociados.
- Dispoñer de comunicación dixital activa.
- Desenvolver xornadas formativas.
Exclusións:
Non poden beneficiarse empresas en crise nin actividades que non teñan relación directa coa dinamización comercial.
ACTIVIDADES SUBVENCIONSBLES
- Programas de actividades de dinamización comercial.
- Actuacións de fidelización e servizos á clientela.
- Publicidade e promoción.
- Formación de comerciantes.
CONTÍA
Investimento máximo subvencionable:
- 65.000,00 € para os centros comerciais abertos que teñan 100 ou máis comercios asociados.
- 55.000,00 € para os centros comerciais abertos que teñan entre 99 e 70 comercios asociados
- 40.000,00 € para os centros comerciais abertos que teñan entre 69 e 50 comercios asociados
A intensidade da axuda modúlase pola puntuación acadada nos Criterios de valoración do programa de actividades de dinamización que pode alcanzar o 70, 80 ou 90%
Actuacións de dinamización extraordinarias
- Con puntuación de máis de 12 puntos poderán incrementar a axuda ata un máximo de 50.000,00 € para o financiamento dunha campaña de dinamización comercial extraordinaria, non incluída nas actuacións previstas no artigo 5, que teña como obxectivo a incentivación do consumo e a atracción de clientes/as, habituais ou potenciais, co fin de incrementar as vendas no comercio local.
- A intensidade da axuda para a campaña extraordinaria será do 90 % do investimento máximo subvencionable, aplicando os Criterios de valoración das actividades de dinamización extraordinarias
PRAZO
Dende o 19 de febreiro ata o 18 de marzo de 2025
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
- Código de procedemento: CO300A
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.