PROGRAMA “+XUNTAS 2025” PARA A FORMACIÓN DAS MULLERES

O programa +XUNTAS inclúe un amplo catálogo de accións formativas que se pon a disposición das asociacións de provincia de Pontevedra que teñan entre os seus obxectivos mellorar a vida das mulleres e o fomento da igualdade de oportunidades.

O programa +Xuntas, promovido pola Deputación de Pontevedra ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade e as súas condicións de vida, fomentar a súa autonomía individual, e crear redes de apoio para impulsar a participación activa na sociedade, a sororidade e a xeración de vínculos entre as participantes, así como para fomentar as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias ao compartir vivencias e romper co illamento.

CARACTERÍSTICAS DAS ACCIÓNS FORMATIVAS A IMPARTIR 

Nas accións formativas que se inclúen no programa e que se organicen por parte das asociacións, poderá participar calquera persoa maior de 18 anos (de maneira excepcional, tamén maiores de 16 anos) da provincia de Pontevedra, tendo as mulleres preferencia. Así, de quedar prazas vacantes poderán participar homes ata un máximo do 25% das prazas adxudicadas.

O catálogo de cursos a elixir polas entidades é moi amplo e inclúe contidos moi diversos: dende alfabetización informática e uso de internet e redes sociais, actividades creativas como pintura, teatro, etc., cursos de xardinería ou horta ecolóxica, así como obradoiros de ioga, pilates e outras actividades de autocoidado.

Ademais, deberán cumprir unha serie de condicións:

  • Terán unha duración de 35 horas, repartidas en entre dúas e tres horas semanais, que se poderán incrementar ata un máximo de cinco, de considerarse oportuno.
  • Dentro de cada curso, incluirase un módulo de 5 horas de duración sobre sensibilización na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, que se realizará como mínimo en dúas sesións.
  • O número máximo de prazas de cada acción formativa pode variar de entre 20 a 25 persoas (fixado no catálogo formativo, dependendo do curso).
  • Requírese un mínimo de 12 asistentes por cada acción formativa, para poder realizarse.
  • Todas as actividades deberán realizarse durante o ano 2025.

BENEFICIARIAS

Asociacións, federacións e fundacións sen fins de lucro da provincia de Pontevedra ou que conten cunha delegación nela, que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres e que apoien o seu desenvolvemento e apoderamento, o seu tecido asociativo e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

AXUDAS: GASTOS SUBVENCIONABLES

As axudas cubrirán os custos das accións formativas seleccionadas no catálogo dispoñible https://www.depo.gal/documents/37861/6363146/catalogo-mais-xuntas-cast.pdf

A axuda consistirá na concesión á entidade dalgún dos cursos do catálogo. As actividades serán impartidas polas empresas especializadas contratadas pola Deputación de Pontevedra, co fin de garantir a súa calidade.

OBRIGAS DAS ENTIDADES BENEFICIARIAS

  • Asegurar que as actividades formativas estean abertas a toda a poboación da provincia, con preferencia para mulleres.
  • Xestionar as inscricións e garantir o cumprimento das condiciones establecidas.
  • Colaborar na execución das accións formativas segundo os parámetros establecidos pola Deputación.
  • As entidades interesadas poderán escoller unha soa acción formativa do catálogo ofertado e aceptarán as obrigas que correspondan para cada unha delas; ademais, deberán cumprir o seguinte:
  • Contar cunha aula adecuada (de non cumprirse, deberán escoller outro obradoiro).
  • Dispoñer do material necesario e dun acondicionamento mínimo. 
  • Ter coñecementos mínimos. 

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 13 de xaneiro de 2025.

A TER EN CONTA:

Cada entidade só poderá incluir na súa solicitude unha única acción formativa.

Nos criterios de adxudicación das axudas, terán prioridade as solicitudes realizadas por entidades de mulleres, en primeiro lugar. En segundo lugar, terase en conta a orde de entrada das solicitudes.)

MÁIS INFORMACIÓN

Consulte

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “+XUNTAS” PARA O ANO 2025, APROBADAS NA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DO 22 DE NOVEMBRO DE 2024 

CÓDIGO BDNS:  802013 

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *