FEIRA ANUAL OPORTUNIDADES E NOVIDADES, EN REDONDELA

Programación pechada!! A Asociación de Empresarios de Redondela e coa colaboración do Concello de Redondela, invítache a unha feira de moito abrangue os días 28 e 29 de setembro.

Nesta Feira, organizada pola Asociación de Empresarios de Redondela, atoparás oportunidades de todo tipo, dende alimentación, roupa e calzado, complementos, mercería, produtos de puericultura, vehículos, tecidos e moito máis.

Os máis pequenos tamén terán o seu sitio nesta feira, xa que haberá xogos infantís e gardería con diversas actividades de xogo libre e divertidos obradoiros nos que aprender xogando. Con todo, existirán dous espazos apropiados para isto, unha Bebeteca e unha ludoteca.

Cun horario de:

  • Sábado: de 10:00 horas a 21:00 horas
  • Domingo de 11:00 horas e 20:00 horas

Esta feira a atoparás na Alameda de Castelao en Redondela.

Para información a maiores non dubides en consultar a páxina web da Asociación de Empresarios de Redondela.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *