O campo da festa da parroquia de Ventín,no municipio de Fornelos de Montes, acollerá o próximo domingo 22 de Setembro, unha nova edición da Festa da Zorza.
O evento gastronómico dará comezo coa degustación, a prezos populares, desta exquisita carne acompañada de patacas, pan, empanada e postres caseiros típicos da zona.
A xornada estará amenizada coa actuación do trío musical Armonía.
Tamén neste día veciños e visitantes poderán deleitarse coa XII Concentración de Vespas Clásicas.