A gran festa veciñal de Teis regresará de novo este mes de setembro á ETEA con multitude de actividades, comida popular e música. O Teis Fest, organizado pola asociación veciñal, cumpre 17 edicións como unha das citas que permite huir da deshumanización cada vez máis latente nas grandes cidades e voltar a confraternizar con aqueles cos que convivimos, compartimos espazo, necesidades ou preocupacións.
O Teis Fest festexarase ao longo de dúas xornadas, o sábado 14 e domingo 15 de setembro, nun entorno único como é a Praza da ETEA, xunto ao mar. O groso das actividades están previstas para o sábado 14. Ese día terá lugar o gran Xantar Popular, unha cita que estará acompañada pola tarde de catro actuacións musicais e outras actividades. Os máis pequenos contarán tamén con hinchables.
Ainda a programación completa todavía non está pechada, o que sí anunciouse oficialmente xa é o Xantar Popular. Este ano a cita gastronómica terá un menú de empanada, carne ó caldeiro, sobremesa e bebidas, café e licores. O prezo para os socios e socias da asociación é de 25 euros, mentres que aqueles que non sexan socios pero queiran ir deberán abonar 30 euros.
Cada socio poderá anotar, como máximo, a tres persoas, e os interesados deberán anotarse previamente no local da asociación entre o 2 e o 12 de setembro.
Deixámoste o programa deseguido: