O TEATRO AFUNDACIÓN OFRECERÁ 35 PROPOSTAS CULTURAIS ATA FINAL DE ANO

A Asociación Amigos da Ópera de Vigo organiza maravillosos espectáculos ata finais deste ano en Vigo.

A programación contará con:

Trece obras de teatro, sete concertos de música popular e catro de clásica, e danza e ballet, ópera e tamén maxia. Así, ata 35 propostas en 4 meses. 

É a oferta de espectáculos do Teatro Afundación para o tramo final do ano. O 14 de setembro, e da man da Asociación Amigos da Ópera de Vigo, dan inicio ás sesións do Outono Lírico cun recital das máis interesantes arias, escenas e dúos do compositor italiano Giuseppe Verdi. 

E como peche do ano, o 30 de decembro, o multiinstrumentista Abraham Cupeiro proporá unha viaxe musical polas mitoloxías árabes, célticas, romanas e gregas. Entre ambas citas, o público poderá desfrutar da tempada de teatro e de música clásica.

Tamén se ofrecerán concertos tributo a grupos como Queen, Los Brincos o Los Secretos, actuacións de artistas como Carlos Núñez ou Amancio Prada, ou dúas galas dedicadas a maxia. 

Cando Abraham Cupeiro se despida do público o 30 de decembro, o Teatro Afundación haberá programado en Vigo 95 actividades culturais. Boa parte dos espectáculos esgotaron entradas na primeira mitade de 2024, hai que ter en conta que este teatro ten aforo limitado.

O programa inclúe 13 obras de teatro. No escenario actuarán destacados intérpretes do panorama en España, como Cayetana Guillén Cuervo, María Luisa Merlo ou Héctor Alterio, e tamén algunhas das propostas cómicas máis celebradas dos últimos tempos: desde Pantomime Full ata Facu Díaz e Miguel Maldonado. Os clásicos ballets O Lago dos Cisnes e O Cascanueces poderán verse o 16 de outubro e o 16 de decembro, respectivamente. A danza contemporánea chega co espectáculo Momix-Alice o 29 de novembro. 

A programación de música popular do Teatro Afundación inclúe un total de 8 eventos, como a homenaxe ao Legado de Michael Jackson Michael ou Friend’s: The Musical Parody. Tamén haberá dúas citas con maxia. Trátase da Gran Gala Internacional Galicia Ilusiona, o 19 de outubro, e da oitava edición do Galicia Magic Fest.

Entradas están dispoñibles en Ataquilla.com.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *