AXUDAS ÁS ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO 2024

Programación pechada!! Se eres unha escola de música dependente dunha asociación sen ánimo de lucro, xa tes aquí información interesante das axudas que podes solicitar.
Obxecto

Definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión de subvencións das axudas a escolas de música dependentes das asociacións sen ánimo de lucro para o ano 2024.

Beneficiarios

Entidades titulares das escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro:

  1. Que teñan entre os seus obxectivos a formación musical, 
  2. Que estean inscritas no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, antes de rematar o prazo establecido para a presentación de solicitudes.
  3. Que teñan o domicilio fiscal na provincia de Pontevedra.
Gastos subvencionables
  • Gastos de persoal (soldos, salarios, Seguridade Social ou mutualidades e IRPF)
  • Material de oficina consumible (bolígrafos, lapis, folios, gomas etc.)
  • Subministracións (electricidade, auga, teléfono ou internet)
  • Reparación e conservación do local (limpeza, mantemento do ascensor ou da fotocopiadora)
  • Reparación de instrumentos
  • Primas de seguros
  • Servizos profesionais (asesoría, xestoría)
  • Prevención de riscos ou recoñecemento médico

Non serán subvencionables os seguintes conceptos:

  • A adquisición de instrumentos musicais
  • A compra de equipos informáticos e de son
  • A adquisición de mobiliario
  • O desenvolvemento e o mantemento de aplicacións informáticas
  • Os gastos propios da banda de música (vestiario, desprazamentos, seguros ou cotas de federacións etc.)
Valoración das solicitudes 

A adxudicación realizarase en réxime de concorrencia competitiva e teranse en conta os seguintes criterios: 

  • Número de alumnos e alumnas matriculados no curso 2023-2024, ata 25 puntos: 
Ata 10010 puntos
De 101 a 15015 puntos
De 151 a 20020 puntos
Máis de 20025 puntos
  • Número de docentes, ata 15 puntos: 
Ata 88 puntos
De 9 a 1210 puntos
De 13 a 1512 puntos
Máis 1515 puntos
  • Orzamento de gastos da escola de música, ata 35 puntos: 
Ata 20.000€10 puntos
De 20.001 a 30.000€15 puntos
De 30.001 a 40.000€20 puntos
De 40.001 a 50.000€25 puntos
De 50.001 a 75.000€30 puntos
Máis de 75.000€35 puntos
  • Especialidades impartidas, ata 25 puntos: 
Ata 8 10 puntos
De 9 a 1215 puntos
De 13 a 1520 puntos
Máis de 1525 puntos
Prazo

O prazo de presentación de solicitudes rematará o  30 de setembro de 2024.

Máis información 

Consulta as Bases para aconcesión de axudas ás escolas de música dependentes de asociacións sen fins de lucro para o ano 2024.

Código de procedemento: BDNS:779192 

Acceso ó trámite: SIA 1662887

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións chamando ao teléfono 986 42 33 66. 

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos ; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *