FESTA DA CULTURA-VIGO

Programación pechada!! O Concello de Vigo e máis a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais está a organizar na Porta do Sol a Festa da Cultura que contará con 22 grupos folclóricos dos barrios e parroquias.

Dous días de concertos e actuacións totalmente gratuitos en pleno corazón de Vigo. A Porta do Sol acollerá este venres 19 e este sábado 20 de xullo unha nova edición da Festa da Cultura, unha cita na que vigueses e visitantes poderán desfrutar de este evento que converteuse en toda unha cita imprescindible no verán da urbe galega.

Máis de 20 actuacións se sucederán no escenario da Porta do Sol nesta edición da Festa da Cultura de Vigo, con actuacións que estarán protagonizadas por grupos de baile, de música tradicional e de teatro. Ademais, poñendo o foco nas artes escénicas, esta Festa da Cultura se extenderá ao longo do mes de setembro cun ciclo de obras que serán representadas en diferentes centros culturais da cidade olívica.

Un ano máis, a Festa da Cultura que se celebra en Porta do Sol conta coa colaboración do Concello de Vigo, Frutas Nieves e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, unha entidade sen ánimo de lucro que reúne a cultura das diferentes parroquias culturais.

Deixámoste a continuación a programación para este evento:

Venres 19 de xullo
  • 18:00 – Tarambainas
  • 18:20 – Beade
  • 18:40 – Pardavila
  • 19:00 – Flashdance de Cabral
  • 19:20 – Valladares
  • 19:40 – Andarela
  • 20:00 – Rueiro
  • 20:20 – Alalá
  • 20:40 – Os Arroases do Fiadeiro
  • 21:00 – Traspés
  • 21:30 – Os Ventos de Comesa
Sábado 20 de xullo
  • 12:10: Cans de Palleiro
  • 12:30: Lembranzas Galegas
  • 12:50: Flores Novas
  • 13:10: Monteira, Danzas do Mundo
  • 19:00: Queixumes
  • 19:20: Freixo
  • 19:40: Cantareiras Atlántida de Matamá
  • 20:00: O Colo
  • 20:20: Corisco
  • 20:45: Autoridades
  • 21:00: Banda de Gaitas Charamuscas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *