SON DAS ALVEDOSAS – ARCADE

Programación pechada!! Se eres una persona xoven xa tes aquí un festival que encaixa co teu rango de idade.Non agardes máis e acode a pasar un día distinto; non te vai defraudar.
Son das Alvedosas’ empapará Arcade de nova música galega o 13 de Xullo

O Peirao de Arcade acollerá o sábado 13 de xullo a primeira edición do festival musical ‘Son das Alvedosas’ como resposta a unha demanda histórica da xuventude de Soutomaior.

O evento organízao o Concello de Soutomaior en colaboración coa Asociación Cultural e Xuvenil Irmandiñas de Soutomaior. 

O cartel estará integrado por Laura Panicanela, MJ Pérez e Maskarpone. A estas actuacións sumarase unha sesión DJ da man de Meu Carinho e The Game Disco.

Ademáis, están previstas actividades e talleres para o público asistente nun programa cargado de sorpresas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *