SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES A TRAVÉS DAS PRÁCTICAS ARTÍSTICAS E A CULTURA COMUNITARIA

Prazo pechado!! O Instituto das Mulleres publicou a segunda convocatoria de subvencións para o fomento da igualdade entre mulleres e homes a través das prácticas artísticas e a cultura comunitaria para o ano 2024.
Obxecto

Favorecer a colaboración con grupos sociais de mulleres afectados pola discriminación e especialmente vulnerables pola intersección de diversos factores. Búscase a promoción da creación artística e o pensamento contemporáneo con perspectiva de xénero no marco de procesos comunitarios a través das artes visuais, o cine ou audiovisuais, a música, as artes escénicas, performativas ou calquera manifestación artística ou cultural que promova prácticas colaborativas cos públicos participantes, especialmente mulleres ou nenas.

Esta iniciativa responde ao interés do organismo por continuar coa liña estratéxica de subvencións creada no 2023 que, aposta polas prácticas sociais na arte, a produción cultural colaborativa cos públicos, particularmente mulleres, e a xeración de comunidade.

Beneficiarios e requisitos

Poderán acceder á condición de beneficiarias:

1. As persoas físicas, que deberán reunir os seguintes requisitos:

  1. Ter capacidade de obrar.
  2. Ter cumpridos 18 anos de idade.
  3. Ter a nacionalidade española, de un estado membro da Unión Europea, ou extracomunitaria e ser residente en España.
  4. Dominio oral e escrito do idioma español. 

2. As entidades de natureza xurídica privada, tanto asociacións como outras entidades xurídicas privadas, sen ánimo de lucro. Considéranse tamén entidades que desenvolven actividades de carácter comercial, sempre que os beneficios resultantes das mesmas se invertan fins institucionais, non comerciais. Poderán ser solicitantes as sociedades de capital que non teñan ánimo de lucro no desenvolvemento da totalidade das súas actividades. En todo caso, deberán reunir os seguintes requisitos: 

Accións subvencionables
  1. Fortalecemento do sector das prácticas comunitarias culturais: Así como xerar proxectos que impliquen a exploración artístico-cultural dende unha perspectiva de intervención social a través de calquera disciplina ou manifestación artístico-cultural vinculada ás prácticas colaborativas cos públicos participantes, especialmente dirixidos a e por mulleres, que fortalezan a producción cultural con perspectiva de xénero.
  2. Colaboración entre múltiples axentes: Potenciar o diálogo e as colaboracións entre creadoras, axentes culturais, texido asociativo local, sociedade civil e Administración.
  3. Innovación no contexto da colaboración: Desenvolver propostas innovadoras en creación cultural e artística de carácter participativo e comunitario comprometidas coa igualdade.
  4. Implicación cidadá: Producir proxectos basados nas necesidades da cidadanía, especialmente mulleres e nenas, reflexando as súas inquietudes e isto sexa froito do diálogo e difunda a participación e a cooperación social, especialmente orientados hacia a igualdade de participación das mulleres.
Contía 

O orzamento total para esta convocatoria incrementouse a 300.000 euros.

A financiación de cada proxecto realizarase por un importe mínimo de 3.000 euros e máximo de 15.000. 

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de xullo de 2024 ás 14.00 horas.

Máis información

Acceso al trámite: https://igualdad.sede.gob.es/procedimientos/portada/idp/1965/ida/3727/ 

 Código de procedemento:  BDNS: 773040      

Se queres saber máis acerca do Instituto das Mulleres, desixámoste eiquí a ligazón.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *