Xa temos o que será o seu programa completo de actividades,as súas orquestras,… e algunhas sorpresas a maiores. A cita festexarase do Venres 5 de Xullo ao Mércores 10 de Xullo.
Programa das Festas de Coia 2024
O programa desta festa comezará o próximo Venres 5 de Xullo coa lectura do pregón por parte do director de cine Álvaro Gago. A continuación actuará o grupo de baile rexional Peña Xuntanza. Ese mesmo día terá lugar o Festival Ida de Coia coas actuacións de Jorge Cremades, Dumore, Groove Amigos, Samu Pexe, Michi e Alex G.
O Sábado 6 de xullo a charanga Vai de Baile anunciará o comezo da xornada festiva, dando paso, ao concerto da Banda de Música Unión Musical de Valadares. Pola noite poderemos desfrutar das Orquestras Galilea e Takicardia xunto a un final de festa con gran tirada de fogos artificiais da man da empresa Pirotecnia Rocha.
O Domingo 7 de Xullo a festa comezará coa actuación da Banda Escola de Música de Beade e o Grupo de baile rexional Os Ventos de Comesaña. Pola noite desfrutaremos das Orquestras Assia e Finisterre.
O Luns 8 de Xullo a charanga Vai de Baile anunciará o comezo da xornada festiva, dando paso, ao concerto da Banda de Música de Candeán e o Grupo de Pandereteiras Ata o Mandil Dolores e Auxoseres da A.A.V.V O Torreiro de Coia. Pola noite poderemos desfrutar das Orquestras América de Vigo e do El Combo Dominicano.
O Martes 9 de Xullo contaremos novamente coa charanga Vai de Baile e o concerto da Banda de Música de Salceda de Caselas. Xa pola noite actuarán as Orquestras Gran Parada e Panorama.
Finalmente o Mércoles 10 de Xullo desfrutaremos co “Día del Niño con cucañas”, actuación do Pallaso Popín con prezo especial nas atraccións, e ademais concerto da Banda de acordeóns Metropolitana de Torroso do Concello de Mos.
- Lugar: Barrio de Coia, Vigo.
- Data e hora: do 5 ao 10 de Xullo de 2024.
- Entrada: os interesados en desfrutar de cualquier actividade cultural ou acto relixioso poderán facelo de forma completamente gratuita.
- Para máis información clica na seguinte ligazón FESTAS DA CONSOLACIÓN DE COIA