SAN XOÁN EN SOUTOMAIOR

Programación rematada!! O Concello de Soutomaior xa ten lista a programación do evento de San Xoán no Peirao de Arcade, escenario no que se desenvolverá un programa de actividades de dous días, o sábado 22 e o domingo 23, que terá como principal protagonista a música, a cargo de Dakidarría, Festicultores Troupe e a Orquestra Claxxon. Haberá tamén inchables para os máis cativos.

A programación musical arrancará o sábado 22 ás 20:30 coa actuación dos Festicultores Troupe. A continuación subirase ao escenario o grupo Dakidarría. As actividades do domingo arrancará ás 20:00 horascun obradoiro interactivo sobre as herbas de San Xoán, seguiralle o espectáculo infantil e familiar de Hípica Celta a partir das 21:00 horas e xa as 22:30 terá lugar o espectáculo “A queima da fachada”, tamén por Hípica Celta. Ás 00:00 horas procederase ao acendido das fogueiras (unha para adultos e outra para público infantil), e ás 00:30 horas a Orquestra Claxxon porá o broche de ouro ao San Xoán deste ano. Ademais, o día 23 de xuño a partir das 21:00 horas haberá sardiñada e churrascada a prezos populares.

Dende o Concello destacan que se trata dun San Xoán inclusivo que contará co punto informativo “A que xogas?”, co que se pretende concienciar á mocidade sobre os efectos negativos do consumo de alcol e drogas. Poranse en marcha ademais diferentes medidas para garantir que toda a veciñanza desfrute por igual: haberá cascos anti-ruído, unha plataforma para que as persoas con mobilidade reducida poidan desfrutar dos concertos e, como gran novidade, as fogueiras estarán adaptadas para que as persoas con mobilidade reducida e con diversidade funcional tamén poidan facer o tradicional salto de San Xoán.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *