REDONDELA CONTRA O CANCRO: V MARCHA

Programación pechada! Animádevos a pasar un día en familia e gozar dos beneficios do exercicio ao aire libre.

A Asociación Española contra o Cancro en Redondela celebra o domingo 16 de xuño a V edición da súa andaina solidaria “en marcha contra o cancro” co obxecto de recadar fondos ao tempo que concienciar sobre a necesidade de seguir investigando e traballando en prevención e tratamentos contra a enfermidade.

Nesta ocasión o percorrido partirá dende a Alameda de Redondela e pasará polo val do Maceiras e o paseo da Portela. A dificultade do traxecto, de 8 kilómetros é baixa e a inscrición ten un prezo de 6 euros. Cada participantes recibirá unha camiseta de agasallo e unha bolsa de avituallamento. As persoas interesadas en inscribirse poden facelos na sede do local no Multiusos da Xunqueira os  mércores de 12 a 14 horas ou chamando ao teléfono 678 515646.

  • Cando: Domingo, 16 de junio de 2024 a las 10:30
  • Lugar: Alameda de Castelao, Redondela, Pontevedra, España
  • Población: Redondela
  • Provincia: Pontevedra
  • Datas de inscripción: Do 16/04/2024 ás 18:00 horas ao 13/06/2024 ás 0:00 horas

Para máis información clica na seguinte ligazón: https://www.facebook.com/contraelcancer.pontevedra/posts/redondela-en-marcha-contra-o-cancro-a-nosa-sede-local-en-redondela-organiza-unha/786042870375673

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *