PRÓXIMAS AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS E ANPAS NO CONCELLO DE REDONDELA

Se formas parte dunha asociación ou ANPA, estas axudas -estarán activas en breve- poden interesarche.

O concello de Redondela vai habilitar dúas axudas destinadas a asociacións veciñais e centros sociais parroquiais, e unha para ANPAs

No referente a asociacións, unha das axudas financia gastos correntes e outra a realización de actividades, e no referente a ANPAs, a axuda está destinada ao mantemento dos servizos de comedor escolar e actividades extraescolares

Poderán presentarse asociacións de veciños, centros sociais parroquiais e federacións de asociacións de veciños, todos eles con ámbito de actuación no concello de Redondela, que se atopen constituídas en forma e debidamente legalizadas no momento da solicitude.

Para a axuda destinada as ANPAs, teñen que estar inscritas no rexistro de asociacións do concello e ao día nas súas obrigas tributarias coa facenda local, autonómica e estatal.

O prazo de inscrición será, dende o día seguinte á publicación do extracto no BOPPO, de 10 días para as axudas a asociacións e ata o 30 de setembro para a de ANPAs. Cando saian publicarémolas detalladamente nesta páxina.

Aquí tes as bases e convocatorias das axudas:

Asociacións https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/08/2026066386

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/08/2026066385

ANPA https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/08/2026066382

Cando saia a publicación definitiva difundiremos outra entrada cun resume detallado para facilitarvos a consulta. 


Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co Departamento de Apoio ás Asociacións da Mancomunidade de Vigo, chamando ao teléfono 986 42 33 66 ou no noso correo: obradoiro.emprego@maiv.org

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *