Cargando Eventos

« Todos los Eventos

XIII Festa Popular en Chapela

12 septiembre

Froles Mareliñas organizará un ano máis a Festa Popular onde todos os participantes desfrutarán dunha xornada chea de música, podendo, ademáis, degustar un xantar.
A festa terá lugar no barrio redondelán de Chapela (Senda Verde) o 12 de setembro e dará inicio ás 14.00 horas co xantar a base de mexillóns, callos e pan (prezo; 13€). Tamén haberá pizza, empanadillas, bocadillos de tortilla e chouripán.
Ás 17.30 horas comezarán as actuacións musicais de: Trubisqueira, PanBreteiras de Froles Mareliñas, grupo de baile Anaquiños, Choran ás Pedras, grupo folk Cidadelle e grupo de gaitas Froles Mareliñas.
Ás 21.00 horas a festa proseguirá co concerto de Pelepau. E para acabar a festa, gran foliada aberta.

Detalles