Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Vigo, Gran premio Cidade de VIgo

22 agosto· 16:00 - 23:30

O Club Ciclista Vigués ten o pracer de anunciar a 52.ª edición do Gran Premio Cidade de Vigo —unha das probas máis históricas do ciclismo galego—, que terá lugar os vindeiros días 22 e 23 de agosto.

Categorías
Élite – Sub-23 (sábado e domingo)
Feminina (sábado)
Cadete e Júnior (sábado e domingo)
Categorías de base/escolas (sábado)
Percorrido Sábado – 16:00 h Circuíto: Rúa Areal
Domingo – 9:30 h Contra o reloxo en costa: Praza do Rei – O Castro
Proba en liña: Circuíto longo de O Castro
Ademais, tras as probas do sábado, celebrarase o tradicional sorteo de premios, un momento moi agardado tanto polos participantes coma polos afeccionados.

 

 

 

Detalles