#vigo
Calendario de Eventos
Últimos Eventos Pasados
Eifonso Trail 2026
O monte vigués de Beade e Bembrive será, un ano máis, escenario do Eifonso Trail, unha das citas de referencia do trail running na cidade olívica. A proba, organizada en torno ao Centro Cultural Helios, mantén o seu percorrido característico entre sendeiro e monte, pero incorpora esta temporada unha novidade que marca a diferenza: a carreira disputarase integramente en horario nocturno. A organización deseñou tres modalidades para adaptarse a todos os niveis. A distancia raíña, TRAIL, propón 16 kilómetros e máis de 800 metros de desnivel positivo por un trazado técnico e esixente, cunha primera metade de ascenso continuo e un tramo final de baixada que promete sorprender aos participantes. Para quen prefira unha experiencia máis curta pero igualmente intensa, MINI TRAIL ofrece 11 kilómetros e 550 metros de desnivel, pensada tanto para corredores con experiencia como para quen se inicia no trail. Completa a oferta a ANDAINA, un percorrido de 9 kilómetros e 400 metros de desnivel que discorre por zonas de menor dificultade técnica, ideal para desfrutar a pé dos montes vigueses sen renunciar ao entorno natural. Lugar: Bembrive, Vigo. Data e hora: sábado 3 de outubro de 2026 en horario nocturno. Inscricións a través da seguinte ligazón.
Feira ESDOMAR en Canido, Vigo
Este sábado celébrase a feira ESDOMAR na lonxa de Canido, onde poderás visitar espazos de produtores e diversas exposicións relacionadas co mar de Galicia (embarcacións tradicionais, artes de pesca...), ademais de moitas actividades. Aquí tedes os horarios: 10:00-11:30h Artes de pesca coa CONFRARÍA DE PESCADORES DE VIGO 10:30-11:00h Charla: Unha ollada ás embarcacións tradicionals galegas con CABO DO MAR 11:00-13:00h Roteiro a bordo dun galeón galego (2 quendas) con CABO DO MAR 11:30-13:00h Artes de pesca coa CONFRARÍA DE PESCADORES DE VIGO 12:00h O cooperativismo no mar con ESPAZOCOOP 12:00h APERTURA INSTITUCIONAL Saúdo institucional Presentación de resultados A MAR DE RICO 13:45h Sesión Vermú co grupo etnográfico A BUXAINA 14:00h-19:00h Roteiro a bordo dun galeón galego (3 quendas) con CABO DO MAR 17:00h-18:30h Paseo interpretativo: Os ambientes litorais do marisco coa CONFRARÍA DE PESCADORES DE VIGO 17:00h-19:30h Capturas con arte. Estampa e grava o mar con CASA RODANTE-APAMP 18:00h-18:30h Micro aberto: Fala a economía social 18:30h-19:30h Obradoiro de iniciación ao baile tradicional CECILIA PASTORIZA 19:30h Peche musical co grupo ZURRUMALLA Haberá paparotada e bebida para pasar o día!
XXXIII Revoltallo de Música e Cultura Emerxente en Valadares, Vigo
Nova edición do festival Revoltallo de Música e Cultura Emerxente, que tená lugar desde o 18 ao 20 de setembro na Carballeira do Pedregal de Valadares, en Vigo. Como cada ano o programa incluirá exhibicións, obradoiros e actuacións musicais de artistas e grupos emerxentes e doutros xa consagrados. E a entrada é de balde! Programación do domingo 20 12:00 – Obradoiro– Extracción de melodías dun anaco de madeira con cordas con Óscar Avendaño. 13:00 – Sesión Vermú con Beto ZZZ. 17:00 – Obradoiro– Roda de Percusión para Tod@s con Paulo Silva. 18:30 – Huntrix – Guerreiras do K-Pop do Reino de Titanium. 20:00 – Wöyza en formato acústico no Auditorio.
