Estas axudas están dirixidas ao fomento do emprego mediante a celebración de feiras e festivais industriais e comerciais, de índole internacional, estatal e autonómica que impulsen o desenvolvemento dunha serie de accións de carácter dinamizador do emprego entre a cidadanía de Vigo, que redundan no beneficio da cidade en xeral e das persoas desempregadas en particular.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán acceder á condición de beneficiarias das subvenciones reguladas nesta bases entidades sen ánimo de lucro que estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), fundacións e institucións de dereito público e entidades de dereito privado (empresas ou sociedades do sector das feiras, congresos e convencións con estrutura e capacidade suficientes para garantir o cumprimento dos obxectivos do proxecto feiral presentado) e que teñan como ámbito de actuación o termo municipal de Vigo.
Requisitos
- Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.
- Que a actividade feiral presentada se desenvolva en Vigo.
- No caso de entidades sen ánimo de lucro deberán atoparse debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, con anterioridade ao inicio do prazo de presentación de solicitudes á presente convocatoria.
- Que, conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas presentes bases.
- Que dispoñan dunha estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesarias para acadalos.
- Que se atopan ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), co Concello de Vigo e coa Seguridade Social. O/s interesado/s poderá/n autorizar, expresamente, ao Concello de Vigo a consulta e verificación automática do cumprimento de obrigas tributarias e coa Seguridade Social, para o cal achegarán o Anexo IV cumprimentado e asinado electronicamente.
- Que se acompañe á solicitude a documentación preceptiva detallada na Base Oitava desta convocatoria.
GASTOS SUBVENCIONABLES
- Montaxe e desmontaxe.
- Rotulación, sinalización, iluminación, megafonía, servizos audiovisuais.
- Servizo de azafatas, tradución simultánea, guías turísticos ou similares, vixilancia, seguridade e limpeza e medios persoais que permitan a participación no evento garantindo a accesibilidade universal.
- Plans de autoprotección e evacuación.
No subvencionables
- Os gastos financeiros.
- Os custes indirectos en que incorra a beneficiaria.
- Os xuros debedores de contas bancarias.
- Xuros, recargos e sancións administrativas e penais.
- Os gastos de procedementos xudiciais.
- Os importes correspondentes á aplicación do impostos sobre o valor engadido (IVE) ou outros impostos, agás cando os devanditos impostos sexan real e definitivamente soportados pola solicitante sen que sexan susceptibles de recuperación ou compensación e poida amosarse mediante a presentación da documentación oficial correpondente.
- Gastos de persoal propio da entidade solicitante.
CONTIA
O límite máximo establecido para cada entidade solicitante é de 80.000,00 euros.
O importe da subvención ou axuda, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, supere o custe da actividade.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
- Alcance, isto é, o ámbito xeográfico ao que se dirixe, autonómico, peninsular ou internacional. Computarase o número de entidades expositoras tendo en conta a ubicación da sede central das mesmas (máx. 40 puntos)
- Fomento do voluntariado no evento: (max. 5 puntos)
- Accións de inclusión para o fomento da empregabilidade de persoas con discapacidade (max. 5 puntos)
- Experiencia e antigüidade impactando na economía da cidade, acreditada do proxecto e considerando as edicións desenvolvidas en Vigo, (máx. 10 puntos)
- Número de asistentes previstos á feira de xeito presencial demostrado coa recollida de acreditacións e/ou venda de tíckets (máx. 30 puntos)
- Achega de recursos propios para os gastos xerais de funcionamento e/o equipamento (ata 5 puntos)
- Impacto da feira ou festival na empregabilidade da cidade de Vigo, medido na creación de emprego directo para o evento, entenderase polo número de persoas contratadas de xeito directo para o desenvolvemento do evento. (ata 30 puntos)
A máxima puntuación que se pode acadar será de 125 puntos.
PRAZO DE SOLICITUDE
Ata o 25 de agosto de 2025
MÁIS INFORMACIÓN
Consulta:
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.




