AXUDAS DESTINADAS Á CREACIÓN DAS ORGANIZACIÓNS DE PRODUTORES PESQUEIROS E ASOCIACIÓNS DE ORGANIZACIÓNS DE PRODUTORES PESQUEIROS

Tes unha iniciativa no sector pesqueiro? ata o 11 de agosto estaran dispoñibles as axudas para apoiar a creación de Organizacións de Produtores Pesqueiros (OPP) e as súas asociacións en Galicia. Un impulso clave para fortalecer o sector desde dentro ¡Anímate a dar o paso!

Esta orde ten como obxectivo outorgar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para a creación de organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) recoñecidas dentro da comunidade autónoma de Galicia.

As axudas outorgaranse para apoiar a creación da organización profesional durante os primeiros cinco anos naturais, a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución favorable emitida polo órgano competente.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán ser entidades beneficiarias desta axuda as organizacións de produtores pesqueiros e as súas asociacións, recoñecidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do 1 de xaneiro de 2014

Requisitos:

  • Estaren inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros ou no Rexistro de Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros regulados no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, modificado posteriormente polo Real decreto 664/2023, do 18 de xullo, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.
  • Non teren recibido nos primeiros cinco (5) anos desde o seu recoñecemento o total das axudas para a creación de organizacións profesionais, que se establecen no artigo 6 do Real decreto 956/2017, do 3 de novembro.

GASTOS SUBVENCIONABLES

  1.  Gastos xerados polos traballos preparatorios de constitución da organización e gastos de elaboración da acta constitutiva e dos seus estatutos se for necesario, para axeitarse á normativa que regula as OPP recollidas na OCM, así como os derivados da modificación destes e gastos administrativos asociados. As facturas que xustifiquen este gasto deberán estar emitidas a nome do beneficiario.
  1.  Gastos do persoal: salarios, gastos de formación, cotizacións sociais. Consideraranse os gastos do persoal non imputados ás medidas dos PPeC.
  1.  Honorarios polos servizos ou asesoría técnica contratada para o mellor funcionamento da OPP. Non se incluirán traballos relacionados coa execución e preparación do PPeC.
  1.  Gastos indirectos: aboarase a cantidade acreditada por medio da documentación xustificativa presentada nas seguintes categorías:
  •  Subministracións (luz, auga, teléfono, gas).
  • Gastos de material de oficina e de amortización, ou derivados do arrendamento do equipamento das oficinas.
  •  Gastos xerados polos medios de que dispoñen as organizacións para o transporte do persoal.
  • Gastos de alugueiro ou, no caso de compra, gastos por xuros realmente aboados, e outros gastos derivados da ocupación dos edificios destinados ao funcionamento administrativo das organizacións de produtores.
  • Gastos de seguro conexos ao transporte do persoal, aos locais administrativos e ao equipamento destes.
  • Gastos relacionados coa obtención de avais necesarios para o financiamento externo de cara á realización dos PPeC.

CRITERIOS DE VALORACIÓN 

Para a valoración das solicitudes empregaranse os seguintes criterios: xerais e horizontais ou específicos:

CriteriosPeso
1. Xerais30 %
2.a. Horizontais ambientais e sociais20 %
2.b. Específicos de viabilidade técnica e/ou económicos20 %
2.c. Específicos de tipo de actividade30 %

CONTIA

O importe final elixible da axuda, por organización profesional e ano, non poderá superar o 1 % da media do valor da produción comercializada pola organización profesional durante os tres (3) anos anteriores á solicitude da axuda, cun máximo de 100.000 euros. Cálculo da axuda

PRAZO DE SOLICITUDE

Presentaciones das solicitudes ata o 11 de agosto de 2025

Máis información

Consulta:

ORDE do 24 de xuño de 2025 pola que se convocan, para o ano 2025, as axudas destinadas á creación e consolidación das organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros, con ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA)

Codigo de procedemento: PE155D

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *