AXUDAS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO (CEE) CO FIN DE PROMOVER A INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2025

Aberto ata o 30 de Xuño o prazo de solicitude de axudas para centros especiais de emprego.
Se es un centro especial de emprego, esta é a túa oportunidade para reforzar o teu compromiso coa inclusión laboral. A Consellería de Emprego activa novas subvencións para apoiar a creación, adaptación e mantemento de postos de traballo para persoas con discapacidade. Inscríbete e participa nunha convocatoria que aposta por un emprego máis xusto e accesible para todas.

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras das subvencións aos centros especiais de emprego establecidas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, co fin de garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade, a través dos seguintes programas:

  1. Programa I: axudas ás unidades de apoio á actividade profesional dos centros especiais de emprego, regulado no capítulo II (código de procedemento TR341K).
  2. Programa II: axudas á creación de postos de traballo estables para persoas con discapacidade, adaptación de postos e asistencia técnica nos centros especiais de emprego, regulado no capítulo III (códigos de procedemento TR341E e TR341N).
  3.  Programa III: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego, regulado no capítulo IV (códigos de procedemento TR341M TR341V)

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan nesta orde os CEE que, figuren rexistrados como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda.

Requisitos: 

  1.  Que formen parte do seu cadro de persoal as persoas traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no artigo 5.2, letras a) e b), desta orde. No caso de contratos a tempo parcial, deberán subscribirse por un mínimo do 25 % da xornada a tempo completo.
  2.  Que dispoñan de unidades de apoio á actividade profesional que teñan a composición establecida no artigo 39 desta orde. Para seren subvencionables, os contratos das persoas que formen parte da unidade de apoio deben cumprir coa legalidade vixente e ser indefinidos. Ademais, a prestación de traballo mínima subvencionable é de seis (6) meses. No caso de contratos a tempo parcial, deberán subscribirse por un mínimo do 25 % da xornada a tempo completo.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES E CONTIA

  • Programa I. 

Programa de axudas ás unidades de apoio á actividade profesional dos centros especiais de emprego

  • Programa II. 

Axudas á creación de postos de traballo estables para persoas con discapacidade, adaptación de postos e asistencia técnica nos centros especiais de emprego

PRAZO DE SOLICITUDE

Prazo de presentación das solicitudes ata o 30 de Xuño del 2025

Máis información

Consulta:

ORDE do 16 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e do programa de incentivos ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N, TR341M, TR341V, TR356A e TR356C).

Código de procedemento:

ProgramaCódigo de Procedemento 
Programa I. Unidades de apoioTR341K
Programa II. Creación de postos estables, adaptación de postos de traballo e asistencias técnicasTR341ETR341N
Programa III. Custo salarial das persoas con discapacidadeTR341MTR341V

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *