III EDICIÓN DO CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

O Doutor Frankenstein muda o nome por Doutor Vigo nun novo concurso de banda deseñada

 O GFFF – Galician Freaky Film Festival lanza a III edición do seu concurso de banda deseñada.

O certame está aberto ao ámbito nacional e conta con premios económicos para as mellores obras.

12.05.2025 Subido á parte máis alta da torre do concello, nunha noite de tormenta, o Doutor Vigo agarda o raio que outorgará a vida á súa criatura… Este podería ser o punto de partida dunha das historias participantes no III concurso de banda deseñada impulsado polo GFFF-Galician Freaky Film Festival.

O certame vigués de cinema fantástico e freak volve a o poñer o foco no mundo da banda deseñada co fin ensinar ao gran público o talento que se agocha nesta nobre arte de contar historias. 

Novamente o concurso poñerá a proba a creatividade dos autores e autoras convidándoos a que ambienten as súas historietas na cidade de Vigo. Ademais, para este ano no que o GFFF renderá homenaxe aos filmes de ciencia ficción protagonizados por científicos tolos, os organizadores propoñen que o protagonista das historias sexa un particular personaxe bautizado como “Doutor Vigo”, o cal poñerá patas arriba á cidade olívica cos seus tolos experimentos.

A participación está aberta ao ámbito nacional, e poderán participar todos os autores que o desexen ata o próximo 31 de xulio. As bases do concurso poden consultarse na súa web.

Esta III edición do concurso de banda deseñada do GFFF contará cun gran premio de 300€, dous premios finalistas, cada un cunha dotación de 150€, así como dous accésits que contarán cun pack de produtos cortesía de Norma Editorial.

Estes premios serán outorgados por un xurado formado polos autores Carlos Portela Xulia Pisón.

As obras gañadoras daránse a coñecer durante a #9 edition do GFFF que terá lugar no C. C. Plaza Elíptica entre os días 19 e 27 de setembro. Durante a entrega de premios presentarase o último número do fanzine do GFFFque contará con algunhas das mellores obras presentadas na convocatoria. No mesmo acto, inaugurarase unha exposición cos traballos escollidos, a cal se poderá ver de xeito exclusivo durante a semana do festival. Nesta publicación tan especial, así como na exposición, o gran público poderá desfrutar dunha chea de viñetas impregnadas polo espírito vándalo e freak da cidade de Vigo.

9 ANOS DE ABSOLUTO FREAKISMO 

O Galician Freaky Film Festival é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Desde 2017 trae á cidade olívica unha coidada selección nacional e internacional de curtametraxes de xénero. Pezas moitas veces inéditas en Galicia e España, só desfrutables nalgúns dos mellores festivais do mundo.

Unha abraiante selección de obras, unha coidada programación de actividades paralelas e un ambiente único fan que cada ano aumente o exército de freaks que se achegan  a Vigo para gozar do GFFF, unha experiencia que vai alén do cinematográfico e que se converte nunha auténtica experiencia de comunidade freak.

Un evento único na nosa contorna, que cada ano gaña máis adeptos e que por méritos propios xa falan del como o festival de cinema máis divertido de Galicia, e un dos festivais de xénero da península ibérica que non te podes perder.

galicianfreakyfestival.com

RRSS do Festival: InstagramFacebookBlueskyTelegramYoutube

 +34 646 51 35 24 | prensa@galicianfreakyfestival.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *