Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá o procedemento de concesión das subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
As entidades beneficiarias das axudas serán as entidades de acción voluntaria de carácter privado de Galicia que realicen proxectos de voluntariado durante o ano 2025, desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro, e que se desenvolvan dentro dos sectores de actuación que recolle a Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.
Requisitos:
a) Que as entidades de acción voluntaria de carácter privado estean legalmente constituídas de conformidade coa natureza das ditas entidades e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia na data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
b) Desenvolver os proxectos subvencionables na Comunidade Autónoma galega a través de persoas voluntarias.
c) Ter debidamente contratados todos os seguros de responsabilidade civil e de accidentes de todas as persoas voluntarias que participen no proxecto presentado, durante todo o tempo de execución deste.
d) Estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES
Entenderase por actividades de voluntariado, os proxectos e actuacións presentados polas entidades de carácter privado sen ánimo de lucro, sempre que desenvolvan actividades de acción voluntaria e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia nalgunha das seguintes áreas:
a) Área de sensibilización sendo o obxectivo dos proxectos desta área o de difundir entre toda a sociedade galega a importancia e o valor da participación solidaria de carácter voluntario. Trátase de fomentar o voluntariado a través de actividades de sensibilización como:
- 1º. Desenvolvemento de xornadas, seminarios, charlas e actividades dirixidas a dar a coñecer a realidade das entidades de acción voluntaria, así como á promoción e captación de voluntariado.
- 2º. Realización de campañas que fomenten a sensibilización da sociedade galega cara ao voluntariado e ás súas organizacións.
- 3º. Estudos encamiñados a coñecer a realidade do voluntariado galego nos seus diferentes niveis de actuación: autonómico, provincial, local ou comarcal.
b) Área de formación que persegue unha modernización e adaptación permanente das entidades de acción voluntaria á realidade social a través destas liñas fundamentais:
- 1º. Formación de persoas responsables de voluntariado e das persoas voluntarias.
- 2º. Fomento e incorporación de novas tecnoloxías dentro das entidades como, por exemplo, o deseño e mantemento de páxinas web.
c) Área de coordinación que comprende as accións que fomentarán o traballo en rede e a coordinación entre as diferentes entidades incorporando, de xeito transversal, as actuacións desenvolvidas nos diferentes eidos do voluntariado.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
a) Coherencia xeral do proxecto, ata 35 puntos, que se distribuirán consonte cos seguintes criterios
b) Viabilidade do proxecto e sustentabilidade da organización de voluntariado na Comunidade Autónoma galega previndo, entre outras medidas, a inclusión nos seus proxectos da figura da persoa responsable de voluntariado: ata 20 puntos
c) Capacidade económica da entidade ata 15 puntos.
d) Proxectos innovadores que introduzan novas prácticas no fomento de experiencias de solidariedade e voluntariado no ámbito educativo, cultural, empresarial, medios de comunicación, traballo en rede e promoción dos novos espazos de intervención para o voluntariado: ata 15 puntos
e) Facer constar en lingua galega toda a publicidade, publicacións, información, Internet, actos públicos, material que se cree e propaganda relativas á actividade subvencionada: ata 15 puntos
CONTÍA
A contía máxima da axuda por proxecto non poderá superar a cantidade de 4.000 euros nin o 75 % do orzamento total do proxecto presentado.
A contía da axuda destinada acada proxecto calcularase de forma proporcional á puntuación obtida de acordo cos criterios de valoración
PRAZO DE SOLICITUDE
Presentación de solicitudes do ata o 9 de Xunio de 2025
MÁIS INFORMACIÓN
Consulte
O código do procedemento é BS 508 B
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.




