Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2025, das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, sen ánimo de lucro, que cumpran os requisitos, as condicións e as obrigas previstos nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións.
Requisitos:
- Ter domicilio social en Galicia.
- Estar legalmente constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.
- Estar inscritas na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). Este requisito será verificado de oficio pola unidade de Igualdade instrutora do procedemento.
- Ter presentado a memoria de actividades, relativa a actuacións de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia contra as mulleres, antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes ou, de ser o caso, o de contestación ao requirimento realizado para o efecto, relativa a, como mínimo, un dos últimos anos, desde o ano 2021 ao 2024, no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
- Os fins e obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuír a promover a igualdade entre homes e mulleres e a potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural, laboral e social. Estes fins e obxectivos deberán estar recollidos nos estatutos da asociación ou federación ou desprenderse da súa actuación xeral.
- As mulleres socias deben representar, polo menos, o 90 % da totalidade das persoas físicas asociadas, tanto no caso das asociacións como das federacións.
- Non atoparse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da entidade interesada.
ACCIÓNS SUBVENCIONABLES
- Liña 1: consolidación do movemento asociativo. Comprenderá as actuacións de mantemento e funcionamento ordinario da entidade solicitante, xerados no período comprendido entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, ambos os dous incluídos.
- Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, realizadas entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025, ambos os dous incluídos, e que respondan a algunha das tipoloxías
Cada entidade só poderá presentar unha solicitude de axuda na liña 2 de actividades singularizadas que se correspondan con unha das catro tipoloxías descritas.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Na liña 1:
- Gastos de alugamento do local destinado a sede social da asociación ou federación.
- Gastos de administración xeral e material funxible de oficina, material informático non inventariable, gastos de correo e outros análogos.
- Gastos de persoal administrativo contratado pola asociación ou federación que comprenderá as retribucións salariais, incluídas as pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade beneficiaria.
- Gastos ocasionados por obras de conservación e mantemento, e pequenas reparacións que non teñan o carácter de inventariables, por non implicaren incremento do valor patrimonial da sede social.
- Asesoramento xurídico, fiscal e contable da asociación ou federación.
- Gastos derivados do mantemento do local da sede social, que comprenderá luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade.
- Gastos de seguros de responsabilidade civil e de seguros multirisco.
- Gastos de instalación e mantemento de liñas de acceso á internet, mantemento de equipamentos informáticos e creación ou mantemento da páxina web da asociación ou federación.
Na liña 2:
- Os gastos do persoal contratado especificamente para o desenvolvemento das actuacións e actividades para as cales se solicita axuda.
- Gastos das persoas relatoras, que comprenderá os honorarios, o aloxamento, o transporte.
- Gastos derivados da elaboración ou adquisición de materiais e publicacións específicas para o desenvolvemento da actividade que se vaia subvencionar; gastos de publicidade e difusión da actuación, así como o material de oficina necesario para a súa realización.
- Outros gastos correntes directamente derivados da realización da actuación e actividade subvencionada que estean perfectamente xustificados e se consideren fundamentais para o seu desenvolvemento, como o servizo de atención a menores e outros, ou gastos derivados da realización das actividades en liña ou telemáticas.
En ningún caso serán subvencionables gastos de protocolo ou representación como os gastos de comidas e gastos de agasallos.
Para os efectos destas axudas, non se considera subvencionable ningún tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non susceptible de repercusión ou compensación.
CONTIA
Liña 1: A contía máxima da axuda que se pode conceder na liña 1 ao abeiro desta convocatoria é de 5.000,00 €.
Liña 2: A contía máxima da axuda que se pode conceder ao abeiro desta liña é de 6.000 €.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
- Criterios comúns ás dúas liñas:
- a) Polo número de mulleres asociadas cando se trate de asociacións ou, no caso de federacións, polo número de entidades que a compoñen, ata un máximo de 20 puntos
- b) Achega de fondos propios para o mantemento e/ou funcionamento da entidade e/ou para o desenvolvemento das actividades da liña 2: ata un máximo de 15 puntos
- c) Polo compromiso de coordinación da entidade no territorio: 3 puntos.
- d) Participación da entidade como votante e/ou como candidata no proceso de renovación de vogalías, de conformidade coa Orde do 19 de setembro de 2018 pola que se convocan as asociacións de mulleres e as federacións constituídas por estas para o procedemento de renovación das vogalías que lles corresponden no Consello Galego das Mulleres: 2 puntos
- e) Polo alcance da xustificación da axuda concedida ao abeiro da Resolución do 1 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres valorarase ata 10 puntos
1.2. Criterios específicos para a liña 1
1.3. Criterios específicos para a liña 2
PRAZO DE SOLICITUDE
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 28 de maio del 2025
Máis información
Consulta:
Código de procedemento : SI437A
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.




