OBRADOIRO DE AUTOESTIMA

Queres traballar a túa autoestima nun espazo seguro e solidario? Dende a Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo ponse en marcha o primeiro Obradoiro de Autoestima deste ano. Un espazo para coñecernos, reforzar a nosa confianza e compartir en grupo.

Dende a Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo  convídase ao primeiro Obradoiro de Autoestima deste ano, que se celebrará dende o 17 de marzo ata o 24 de abril na Oficina Municipal de Distrito do Casco Vello (Rúa Oliva, 12).

  • O grupo de tarde serán os luns de 17h a 20h 
  • O grupo de mañá serán os xoves de 10h a 13h.

Se queredes formar parte, podedes inscribirvos de xeito totalmente gratuito a traves desde formulario, indicando os vosos datos e en que horario podedes asistir: https://forms.gle/d6HpWFwMuCicKhzbA

Vaise dar prioridade a aquelas Mulleres que aínda non participaron nos obradoiros de autoestima.

Ante calquera dúbida, podedes:

  • escribir ao correo redemediadorasvigo@gmail.com
  • ou chamar aos números 986 222 328 / 670 453 431.

Animádevos a participar!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *