
VIGO / PROGRAMACION 8M
8 marzo· 08:00 - 22 marzo· 17:00

O Concello de Vigo, en colaboración co Consello Municipal da Muller, organiza en marzo una serie de actos e actividades con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller
Durante o mes de marzo a cidade acollerá numerosos e diversos actos: proxeccións de filmes, espectáculos de humor, teatro e danza, actuacións de música, recital de poesía, mostra de pintura, visita guiada polo roteiro «Sons de Mulleres», xornadas formativas, entrega do XIII Premio de Igualdade «Ernestina Otero» a Aurora Marco, etc