A convocatoria busca impulsar proxectos sociais que fomenten a inclusión social, a igualdade de oportunidades e a mellora da calidade de vida das persoas en situación de vulnerabilidade.
BENEFICIARIOS
Poden participar:
- Entidades sen ánimo de lucro
- Entidades de economía social
- Entidades culturais (co obxectivo de cohesión social)
As entidades deberán estar radicadas en Galicia e levar polo menos un ano de actividade. Quedan excluídas as administracións públicas.
Requisitos adicionais e exclusións:
- Os proxectos deben executarse en Galicia.
- Non se financian congresos, publicacións, exposicións, estudos ou investigacións.
- Non se admiten solicitudes de entidades con débedas fiscais ou laborais.
- Cada entidade só poderá presentar un proxecto.
ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES
Os proxectos priorízanse en tres áreas:
- Maiores: Fomento da autonomía, prevención da soidade e illamento.
- Discapacidade, trastorno mental ou enfermidade: apoio á vida independente, atención integral e redes comunitarias.
- Pobreza e inclusión social: Apoio á infancia, familias vulnerables, mozos en risco e mulleres en situación de exclusión.
Inclúense liñas transversais como a inserción sociolaboral, o acceso á vivenda, a convivencia intercultural, os hábitos saudables, a prevención da violencia, a cultura e a inclusión dixital.
CONTÍA
- Axudas de ata 50.000 euros por proxecto.
- O financiamento cobre ata o 75% do custo total
- Os proxectos deberán ter unha duración máxima de 12 meses.
PRAZO
Presentación do proxecto: ata o 20 de febreiro de 2025.
Avaliación: febreiro – agosto de 2025.
Resolución: setembro de 2025.
Execución: Desde a sinatura do convenio ata outubro de 2026.
Máis información
Consulta a
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.