SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA ENMARCADAS NO PROGRAMA SERVIZO DE VOLUNTARIADO XUVENIL

Se eres unha entidade de accion voluntaria xuvenil e realizas proxectos entre xaneiro e outubro, isto interésache!

ENTIDADES BENEFICIARIAS

  1. Entidades de acción voluntaria e entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia:
  • Entidades locais 
  • Agrupacións, asociacións, asociacións ou similares.
  1. Idades do voluntariado: de 16 a 30 anos (requírese autorización para os menores de 18 anos).

REQUISITOS

  • Estar legalmente constituído e inscrito no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
  • Ter seguro de responsabilidade civil e accidentes
  • Estar ao corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • No caso das entidades locais, cumprir coa remisión de contas ao Consello de Contas.

ACCIÓNS SUBVENCIONABLES

Proxectos de voluntariado de 15 a 60 días entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2025.

Áreas prioritarias:

– Camiño de Santiago, cultura e tradicións galegas, igualdade de xénero, medio ambiente, benestar das persoas maiores, entre outros.

Cada proxecto pode incluír ata 8 voluntarios (máximo 20 para grupos específicos).

CONTÍA

  • Subvención máxima:

4.800 € para proxectos con 8 voluntarios.

12.000 € para proxectos con 20 voluntarios.

Cálculo: 10€/persoa/día (6€ mantemento e transporte, 4€ seguro e demais gastos).

  • Orzamento total:

120.000 € para as entidades locais.

135.000 € para entidades de acción voluntaria

CRITERIOS DE ACALIACIÓN

  • Coherencia e calidade técnica do proxecto (máximo 35 puntos).
  • Viabilidade do proxecto e sustentabilidade da organización (20 puntos).
  • Capacidade económica e financiamento externo (15 puntos).
  • Innovación nas prácticas de voluntariado (10 puntos).
  • Uso da lingua galega na difusión (10 puntos).

INCOMPATIBILIDADES E CONCORRENCIA

  • Estar legalmente constituído e inscrito no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
  • Ter seguro de responsabilidade civil e accidentes
  • Estar ao corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • No caso das entidades locais, cumprir coa remisión de contas ao Consello de Contas.

PRAZO

A solicitude poderá presentarse ata  o 17 de febreiro.

Máis información

Consulta a 

ORDE do 19 de decembro de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS320A).

Código de procedemento BS320A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co Departamento de Apoio ás Asociacións da Mancomunidade de Vigo, chamando ao teléfono 986 42 33 66 o noso correo: obradoiro.emprego@maiv.org 

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *