Etiqueta #subvencions

SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DIRIXIDOS Á XUVENTUDE E AO VOLUNTARIADO, CON CARGO Á ASIGNACIÓN TRIBUTARIA DO 0,7 % DO IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS E DO IMPOSTO DE SOCIEDADES NO ANO 2025

Traballas coa mocidade ou promoves o voluntariado?
Xa están dispoñibles ata o 12 de agosto as subvencións do 0,7 % do IRPF e do Imposto de Sociedades para programas con impacto social.
 É o momento de dar impulso ao teu proxecto e marcar a diferenza no 2025!

AXUDAS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO (CEE) CO FIN DE PROMOVER A INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2025

Aberto ata o 30 de Xuño o prazo de solicitude de axudas para centros especiais de emprego.
Se es un centro especial de emprego, esta é a túa oportunidade para reforzar o teu compromiso coa inclusión laboral. A Consellería de Emprego activa novas subvencións para apoiar a creación, adaptación e mantemento de postos de traballo para persoas con discapacidade. Inscríbete e participa nunha convocatoria que aposta por un emprego máis xusto e accesible para todas.