Vigo / Roteiro das herbas de San Xoán

Imos! Que imos de excursión polo barrio! Este xoves!! ás 18:30h. Quedamos na Praza da Industria para saír xuntas na procura das herbas de San Xoán. #sondaindustria #SondaIndustria #asdaindustria #fogueira #roteiroDasHerbas

SAN XOÁN EN SOUTOMAIOR

Programación rematada!! O Concello de Soutomaior xa ten lista a programación do evento de San Xoán no Peirao de Arcade, escenario no que se desenvolverá un programa de actividades de dous días, o sábado 22 e o domingo 23, que terá como principal protagonista a música, a cargo de Dakidarría, Festicultores Troupe e a Orquestra Claxxon. Haberá tamén inchables para os máis cativos.