Etiqueta #asociacions

PREMIOS DA CULTURA GALEGA PARA O ANO 2025

Xa están abertas ata o 22 de setembro as convocatorias dos Premios da Cultura Galega 2025!
Un recoñecemento ao talento, o compromiso e a creación cultural do nosa comunidade. Se a túa entidade traballa pola cultura galega, non deixes pasar esta oportunidade de poñer en valor o seu labor.

AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS E PRIVADAS DEPENDENTES DE INSTITUCIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO

Xa está aberta ata o 31 de xullo a convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para apoiar o funcionamento destas escolas durante o primeiro semestre de 2025. Tes unha escola de música vinculada a unha asociación ou fundación sen ánimo de lucro? Se a túa entidade promove a formación musical e cumpre cos requisitos, podes solicitar ata 9.000 € para cubrir gastos docentes, nóminas, materiais e moito máis.

AXUDAS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO (CEE) CO FIN DE PROMOVER A INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2025

Aberto ata o 30 de Xuño o prazo de solicitude de axudas para centros especiais de emprego.
Se es un centro especial de emprego, esta é a túa oportunidade para reforzar o teu compromiso coa inclusión laboral. A Consellería de Emprego activa novas subvencións para apoiar a creación, adaptación e mantemento de postos de traballo para persoas con discapacidade. Inscríbete e participa nunha convocatoria que aposta por un emprego máis xusto e accesible para todas.