Etiqueta #asociacions

SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA A ADQUISICIÓN E REPARACIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS E VESTIARIO PROPIO DE AGRUPACIÓNS MUSICAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Se a túa agrupación musical quere soar mellor ca nunca, esta é a túa ocasión Xa están abertas, ata o 9 de outubro, as axudas para adquirir ou reparar instrumentos e vestiario, un impulso directo á creatividade, á calidade musical e á vida cultural da provincia de Pontevedra.

SUBVENCIÓNS PARA A ORGANIZACIÓN DE FEIRAS SECTORIAIS CON SEDE EN VIGO QUE FOMENTEN A CONTRATACIÓN DE PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO 2025

Ata o 25 de agosto! Impulsa o emprego en Vigo!
Se a túa entidade organiza feiras sectoriais que promovan a contratación de persoas desempregadas, esta convocatoria é para ti. Unha oportunidade para dinamizar a economía local e crear oportunidades reais de traballo na nosa cidade. Non deixes pasar esta axuda para facer medrar o teu proxecto e apoiar a veciñanza!

SUBVENCIÓNS PARA A POSTA EN PRÁCTICA DE PROGRAMAS INTEGRADOS DE EMPREGO DE GALICIA E SE CONVOCAN PARA O ANO 2025

Ata o 18 de agosto a Xunta de Galicia invita a concellos, mancomunidades, entidades públicas locais e entidades sen ánimo de lucro a participar na nova convocatoria de programas integrados de emprego. Se queres impulsar actuacións de orientación, formación e inserción laboral para persoas desempregadas, presenta a túa solicitude e forma parte desta iniciativa con impacto real no territorio.

SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DIRIXIDOS Á XUVENTUDE E AO VOLUNTARIADO, CON CARGO Á ASIGNACIÓN TRIBUTARIA DO 0,7 % DO IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS E DO IMPOSTO DE SOCIEDADES NO ANO 2025

Traballas coa mocidade ou promoves o voluntariado?
Xa están dispoñibles ata o 12 de agosto as subvencións do 0,7 % do IRPF e do Imposto de Sociedades para programas con impacto social.
 É o momento de dar impulso ao teu proxecto e marcar a diferenza no 2025!