Etiqueta #actividades

SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES NO ÁMBITO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS  

Se a túa entidade é unha asociación empresarial, unha organización sindical,  unha fundación sectorial ou unha asociación profesional de persoas traballadoras autónomas e entre os seus ámbitos de actuacións está a prevención de riscos laborais xa tes aquí as subvencións que te poden interesar. Non o penses e infórmate!

SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE FESTAS TRADICIONAIS, PATRONAIS, COPATRONAIS, GASTRONÓMICAS, FESTIVAIS FOLCLÓRICOS E ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS (PERÍODO 2023 – 2024)

O Servizo de Festas Especiais da Concellería da Área de Parques e Xardíns, Comercio e Festas Especiais do Concello de Vigo desenvolve programas de festas tradicionais, patronais, gastronómicas e actividades socioculturais durante o período comprendido entre o 1 de novembro do ano 2023 ata o 31 de outubro do ano 2024, na cidade de Vigo. Se te dedicas ó mundo das festas,xa tes aquí as subvencións do teu interese!