Esta é unha web colaborativa para as asociacións. Este é o lugar perfecto para compartir e intercambiar diversas ideas, servizos ou recursos que demandades ou aqueles que ofertades para as vosas entidades.
Estades todas convidadas a participar nesta crecente comunidade, e facer que este recuncho virtual sexa un punto de encontro e impulsor de numerosas sinerxias.
Accede ó formulario premendo no botón que tes a continuación, enche os datos e envíao. Non te preocupes, unha vez recheo e enviado, recibimos os datos no noso correo electrónico, revisámolos e o publicamos.
Poñemos á vosa disposición o formulario no que podedes enviarnos información relacionada cos seguintes ámbitos:
voluntariado: eventos, convocatorias.
emprego nas entidades: demandas e ofertas.
formación: obradoiros, recursos,
suxestións e outras
Esperamos proporcionar unha contorna segura de interacción no cal podamos xerar novos proxectos colaborativos destinados a fortalecer a nosa comunidade. Podes contar connosco, e contamos contigo. Esperámosche!