SUBVENCIÓNS PARA PROGRAMAS DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE E ACTUACIÓN DO PLAN CORRESPONSABLES

Prazo Pechado!!.Concédense as subvencións para programas integrais e Plan Corresponsables co fin de atención especializada e facilitar a conciliación das familias con menores e con isto levar a cabo plans de formación.

Concesión de subvencións destinadas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o ano 2024 coa finalidade de desenvolvemento de Programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e do Programa Corresponsables para o desenvolvemento de actuacións orientadas a facilitar a conciliación das familias con menores a cargo de ata 16 anos de idade mediante a creación de bolsas de coidado, e plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e familias.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que queiran pertencer ós seguintes programas: 

a) Programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade (código de procedemento SI427A).

b)Programa do Plan Corresponsables para o desenvolvemento de actuacións orientadas a facilitar a conciliación das familias con menores a cargo de ata 16 anos de idade mediante a creación de bolsas de coidado profesional, a través da creación de emprego de calidade no sector dos coidados, e plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias (código de procedemento SI436B).

E contarán cos seguintes requisitos:

a) Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

b) Ter domicilio social ou delegación en Galicia. 

c) Carecer de ánimo de lucro, de acordo co previsto na Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado. Só para Programa do Plan Corresponsables ( código de procedemento SI436B).

d) Non encontrarse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da entidade interesada. Só para programas de recursos integrais (código de procedemento SI427A).

e) Non ser sancionadas, en virtude de resolución administrativa ou sentenza xudicial firme, pola comisión de infraccións graves ou moi graves en materia de prevención de riscos laborais no ano anterior a esta resolución. 

f) Non ser obxecto de sanción por resolución administrativa firme ou condenada por sentenza xudicial firme por levar a cabo prácticas laborais consideradas discriminatorias pola lexislación vixente, salvo cando se acredite cumprir coa sanción ou coa pena imposta e elaborar un plan de igualdade ou adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes.

Actividades subvencionables PROGRAMA DE RECURSOS INTEGRAIS DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA DIRIXIDOS ESPECÍFICA E EXCLUSIVAMENTE A MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE

Serán subvencionables, sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta resolución, as actuacións no marco dalgún dos seguintes programas e relacionadas con:

  1.  Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes en

situación de especial vulnerabilidade con fillas ou fillos menores de tres anos.

  1. Servizos de orientación e información sobre recursos singularizados.
  2. Servizo de atención psicolóxica.
  3. Servizo de asesoramento xurídico. 
  4. Servizo de mediación intercultural e/ou familiar. 
  5. Actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias para a mellora da empregabilidade.
  6. Servizos ou medidas de orientación laboral e de acompañamento na busca de emprego, incluído o emprego por conta propia e o emprendemento.

**Non serán obxecto de subvención as actividades de mero lecer, recreo, deportivas, lúdicas ou culturais.

2.         Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, pertencentes a un ou varios colectivos en que concorra a dita situación, segundo a relación que figura na disposición adicional única desta resolución. 

Incluirá unha atención personalizada tendo en conta o diferencial feminino e o fomento da igualdade.

Cada entidade só poderá solicitar subvención para o desenvolvemento dun dos programas previstos.

Actividades non subvencionables

Non serán subvencionables os programas de atención integral dirixidos en exclusiva a persoas en situación de explotación sexual e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, por contaren cunha convocatoria de axudas específica. 

Gastos subvencionables

Serán gastos subvencionables os referidos:

  • A custos directos de persoal.
  • Outros custos directos e custos indirectos relacionados.
Actividades SUBVENCIONABLES   PROGRAMA DO PLAN CORRESPONSABLES

Considéranse subvencionables as actuacións:

  • Orientadas a facilitar a conciliación das familias con menores a cargo de ata 16 anos de idade mediante a creación de bolsas de coidado profesional, a través da creación de emprego de calidade no sector dos coidados, e plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias.
  • Ao abeiro deste programa, serán subvencionables as seguintes tipoloxías de proxectos, desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes coa posibilidade de desenvolver unha ou máis das seguintes modalidades:
  1. Que poidan prestarse no domicilio por un número determinado de horas semanais.
  1. Que poidan prestarse en dependencias públicas convenientemente habilitadas para o efecto, tales como escolas, centros municipais, multiúsos, polideportivos, ludotecas, entre outros, cumprindo coas garantías sanitarias, Para seren subvencionables, as actuacións teñen que ser de nova creación ou de ampliación e mellora das existentes. 
Contía
  • A contía máxima da axuda que se pode conceder a cada entidade ao abeiro desta convocatoria é de 40.000 euros.
  • A súa duración será ata esgotar o crédito dispoñible. A contía da subvención calcularase aplicando ao gasto subvencionable as porcentaxes de intensidade de axuda en función da puntuación obtida na valoración realizada unha vez aplicados os criterios oportunos.

Para o Programa do Plan Corresponsables

A contía máxima da axuda será de 40.000 €, cando se solicite para a realización da tipoloxía de proxectos de bolsas de coidado profesional de menores en familias con menores a cargo de ata 16 anos de idade, e de 10.000 € cando se solicite para a realización da tipoloxía de proxectos de plans de sensibilización e formación en corresponsabilidade destinados aos homes e ás familias.

No caso de que se solicite a axuda para as dúas tipoloxías de proxectos, o límite máximo da axuda por entidade será de 50.000 €, respectando o límite establecido no parágrafo anterior para cada tipoloxía de proxecto. 

Cada entidade deberá reservar un mínimo do 15 % da contía asignada para a contratación do colectivo das mulleres que teñan a condición de vítimas de violencia de xénero, salvo que non exista un número suficiente de mulleres para alcanzar a citada porcentaxe.

Conta cunha contía de ata 34.700 € por persoa contratada a tempo completo para un período de 12 meses, incluídas as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora.

O importe da subvención por cada contratación reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos se concerten a tempo parcial ou por un período inferior a 12 meses. A contía da axuda por persoa contratada incrementarase en 3.000 € cando a persoa contratada estea nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables: 

  • Mulleres maiores de 45 anos.
  • Mulleres vítimas de violencia de xénero.
  • Persoas con grao de discapacidadeigual ou superior ao 33 %.
INCOMPATIBILIDADES E CONCORRENCIA
  • No procedemento SI427A (programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade) as subvencións para as actuacións e actividades recollidas nesta convocatoria son incompatibles con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade.
  • No procedemento SI436B (Programa do Plan Corresponsables) é posible a concorrencia con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade, pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo das accións subvencionadas.
  • En caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.
  • Se a actividade ou actuación subvencionada xera ingresos como consecuencia de taxas de inscrición, matrículas ou equivalentes, o seu importe será deducido do gasto subvencionable despois de aplicar o tipo fixo no momento de concesión da axuda. Para o caso de que os ingresos obtidos non se fixesen constar na solicitude farase ou reaxustarase no momento do pagamento final.
  • No caso do programa Plan Corresponsables (SI436B), cando as entidades teñan establecido o pagamento dunha taxa pola prestación do servizo, deben establecer criterios de renda e ter en conta as cargas familiares nos prezos de acceso ao servizo para as persoas usuarias, tendentes a favorecer a gratuidade e a universalidade das actuacións. Os ingresos obtidos das cotas para o acceso das familias con maiores ingresos económicos deberán reverter no propio Plan Corresponsables e recollerse na xustificación que se vaia presentar; no caso contrario, a dedución farase ou reaxustarase no momento do pagamento final.
Supostos excluidos
  • Quedan excluídas do ámbito de aplicación deste procedemento as comunidades de bens, as sociedades civís, as entidades que se rexan polas disposicións relativas ao contrato de sociedade, as cooperativas, as mutualidades, así como as unións temporais de empresas e as agrupacións de interese económico.
Orzamento

Ás subvencións contan cun crédito por un importe total de 2.261.547 €, que se imputan ás aplicacións orzamentarias seguintes:

Programa e procedementoAplicaciónCód. de proxectoImporte 
SI427A13.20.313B.481.22023 000961.761.547 €
SI436B13.20.312G.481.22021 00175500.000 €

As axudas do procedemento SI436B estarán financiadas con fondos finalistas dos orzamentos xerais do Estado (PGE) procedentes do Ministerio de Igualdade, no marco do Plan.

As axudas do procedemento SI427A estarán cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 21 de febreiro e remata o 20 de marzo de 2024.

Máis información

Consulta a RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa operativo FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2024.

Acceder ao procedemento de tramitación: Código de procedemento: SI427A e SI436B

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *