SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL SEN FINS DE LUCRO PARA O FOMENTO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Prazo Pechado!!. Se es unha entidade isto interésache.Fomenta a igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero mediante proxectos, programas e actividades.

A Deputación de Pontevedra presenta as subvencións e a súa convocatoria para o ano 2024, para desenvolver proxectos, programas e actividades centrados en conseguir a igualdade entre mulleres e homes e loitar contra a violencia machista na provincia de Pontevedra durante o ano 2024.

Beneficiarios

Enténdense como entidades beneficiarias aquelas sen ánimo de lucro cos seguintes requisitos:

  • Ter a súa razón social ou unha delegación na provincia de Pontevedra.
  • Carecer de fins de lucro.
  • Estar inscritas na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia (RUEPSS), recollido no Decreto 254/2011, de 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia, na data final de presentación de solicitudes.
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin incorrer en ningún dos casos de prohibición para percibir subvencións recollidos na lei.
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.
  • Que a actividade desenvolvida pola entidade cumpra as obrigas establecidas na Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes; no Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade; na demais lexislación vixente en materia de igualdade e no exercicio dos dereitos fundamentais das persoas.
Accións subvencionables

Para estas subvencións inclúense:

  • Proxectos e actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero.
  • Proxectos de atención integral a vítimas de violencia machista, fillas, fillos e persoas dependentes ao seu cargo.
  • Programas e actuacións destinados a mulleres en situación de especial vulnerabilidade  e con singulares dificultades.
  • Proxectos e actividades que favorezan e fomenten a igualdade entre mulleres e homes.
  • Proxectos encamiñados a mellorar a formación e a orientación para o emprendemento  e a inserción laboral das mulleres.
  • Accións dirixidas a crear redes e servizos de apoio que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
  • Campañas de difusión e sensibilización da cidadanía en materia de igualdade.

As cales deberán realizarse durante 2024 e rematar antes do 31 de decembro de 2024.

Ademais otorga axuda ós gastos subvencionables aqueles que se inclúen en proxectos, programas e actividades centrados en conseguir a igualdade entre mulleres e homes e loitar contra a violencia machista.

Gastos non subvencionables

Quedan excluídas desta convocatoria e, polo tanto, non serán obxecto de subvención as seguintes actuacións:

  • Proxectos, programas ou actividades que recibisen subvención no mesmo exercicio a través doutras convocatorias de subvencións da institución provincial.
  • Actuacións incluídas no catálogo de actividades do programa “+Xuntas” da Deputación de Pontevedra.
  • Proxectos que impidan o desenvolvemento do dereito das mulleres a unha vida libre de violencia, que non favorezan a súa autonomía e o seu dereito a decidir libremente e sen coaccións sobre a súa sexualidade, o seu corpo e a súa maternidade, ou que, en definitiva, non lles permitan construír os seus propios proxectos vitais.
  • Gastos correntes de funcionamento das entidades (luz, auga, teléfono e alugueiro).
  • Gastos relativos a actividades lúdicas, culturais, deportivas, de lecer e tempo libre ou turísticas e a servizos de restauración e cátering que non se correspondan co obxecto do programa.
  • Gastos financeiros, de asesoría xurídica e financeira ou de natureza análoga.
  • Gastos relativos á adquisición de equipamento ou de material inventariable (equipamentos informáticos, mobiliario e outros).
Incompatibilidades e concorrencia

Estas subvencións son compatibles:

  • Coa percepción doutras subvencións, axudas ou ingresos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración distinta da Deputación de Pontevedra, ente público ou privado. En ningún caso o conxunto das axudas recibidas poderá superar o 100 % do custo da actividade ou do

               proxecto subvencionado.

  • Non poderán financiarse mediante outras subvencións outorgadas polo réxime de concesión directa ou concederse por outros servizos do organismo provincial para a mesma finalidade no exercicio de 2024.

As subvencións ás que se refire esta convocatoria son incompatibles con outras subvencións da Deputación de Pontevedra do Servizo de Igualdade.

A xestión e a concesión destas axudas realizaranse mediante o procedemento de concorrencia competitiva, de acordo cos seguintes principios:

      a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non     discriminación.    

      b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

      c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

Contía
  • A contía prevista para esta convocatoria, con cargo á aplicación 24/250.2315.480.01 do Orzamento xeral da Deputación para o ano 2024, ascende a 200.000€.
  • A subvención concedida a cada entidade non poderá superar os 7.000€.
Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 9 de febreiro de 2024 e finaliza o 8 de marzo de 2024.

Máis información

Consulta as BASES REGULADORAS DE LA CONVOCATORIA DE SUBVENCIONES DIRIGIDAS A LAS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL SIN FINES DE LUCRO PARA EL FOMENTO DE LA IGUALDAD DE OPORTUNIDADES Y LA LUCHA CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO PARA EL AÑO 2024

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *