PLAN +XUVENTUDE PARA CONCESIÓN DAS AXUDAS Á POSTA EN MARCHA DE INICIATIVAS DE INTERESE SOCIAL 2024

Prazo Pechado!!Se formas parte dunha asociación ou grupo xuvenil e estades a por en marcha un proxecto social, xa podes solicitar o PLAN +XUVENTUDE para concesión das axudas á posta en marcha de iniciativas de interese social 2024.

O Servizo de Xuventude e Reto Demográfico creouse para promover a participación da xuventude da provincia de Pontevedra e garantir as condicións necesarias para que esta poida desenvolver proxectos de vida no seu lugar de orixe. Para isto convócanse estas axudas en concorrencia competitiva.

Beneficiarios
  • As asociacións xuvenís prestadoras de servizos dirixidos á mocidade, sen ánimo de lucro, non sometidas a ningún réxime asociativo específico e con sede social ou cunha delegación na provincia de Pontevedra.
  • Os grupos formados por un mínimo de 3 e un máximo de 8 persoas (aínda que carezan de personalidade xurídica), de entre 18 e 35 anos, que propoñan un proxecto de interese xeral e social.

Só se poderá presentar un proxecto por asociación ou grupo informal solicitante.

Gastos Subvencionables
  • Actividades desenvolvidas do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2024.
  • Os gastos ordinarios e de funcionamento da asociación e/ou entidade cando estean asociados ao proxecto e recollidos no orzamento de gastos, sen superar o 10% do orzamento total.
  • O alugamento de espazos e/ou equipamento necesario para poñer en marcha o proxecto, o seu importe non poderá superar o 40%.
  • Os gastos de desplazamento, aloxamento e manutención, que non superen o 20% do orzamento total.
  • Se o proxecto inclúe formación, serán financiables os honorarios das e dos docentes, así como o seu desprazamento e manutención, sempre que o prezo se axuste ao valor do mercado.
  • Os custos do persoal contratado para poñer en marcha a iniciativa ata un límite do 30% sobre o total do orzamento.
  • O custo de adquisición de equipamento e material non inventariable (o conxunto non poderá superar os 900 €).
Proxectos subvencionables
  • Iniciativa empresarial: no ámbito do emprendemento xuvenil, empregabilidade, fomento dos sectores emerxentes no sector das novas tecnoloxías e proxectos sostibles que contribúan ao desenvolvemento e á dinamización do medio rural.
  • Vida saudable e loita contra a violencia e as conductas de risco: que sensibilicen sobre a saúde mental, a prevención do suicidio e que persigan a igualdade das persoas trans e garantan os dereitos das LGTBI.
  • Fomento da cultura en todas as súas áreas de innovación, así como promoción dos sectores científico, tecnolóxico e dixital, e das ciencias xurídicas e sociais.
  • Creación de consellos locais de xuventude e fomento do asociacionismo e do voluntariado xuvenil.
  • Promoción do desenvolvemento e dinamización do medio rural.
  • Protección do medio e loita contra o cambio climático.
Obrigas das entidades beneficiarias
  • Incluir unha imaxe que faga constar a colaboración do organismo provincial.
  • Achegar un documento probatorio: unha foto, unha folla de xornal ou unha captura de pantalla da web e/ou das redes sociais desta publicidade.
Incompatibilidades / compatibilidades

Estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, sempre que a contía total das subvencións non supere o custo real da actividade subvencionada.

Por outra banda, son incompatibles coa percepción de subvencións de concesión directa do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico.

Contía das axudas

O importe máximo subvencionado será de 5.000 €

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 16 de febreiro e reamata o 15 de marzo de 2024.

Máis información

BASES REGULADORAS DO PLAN +XUVENTUDE PARA A CONCESIÓN EN RÉXIME DE CONCURRENCIA COMPETITIVA DAS AXUDAS DESTINADAS Á POSTA EN MARCHA DE INICIATIVAS DE INTERESE SOCIAL PROMOVIDAS POLA XUVENTUDE DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DURANTE O ANO 2024

CÓDIGO BDNS: 743621

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *