DECLRACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DE ASOCIACIÓNS

Concellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Secretaría Xeral

Beneficios que comporta a declaración de utilidade pública:

  • Empregar a mención Declarada de utilidade pública en toda clase de documentos, a continuación da súa denominación.
  • Disfrutar das exencións e beneficios fiscais recoñecidos a estas, nomeadamente os previstos na Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
  • Dereito de asistencia xurídica gratuita nos termos previstos na lexislación específica.

Desde o 1 de xullo de 2008 a Xunta de Galicia é competente para a declaración de utilidade pública das
asociacións, federacións e confederacións que desenvolvan maioritariamente as súas funcións en Galicia, estean inscritas nun rexistro de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia e teñan súa sede no territorio desta Comunidade.

A declaración de utilidade pública adopta a forma de Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, notificándoselle á entidade interesada e, de ser favorable, publicándose no Diario Oficial de Galicia. A falta de resolución expreso no prazo de seis meses desde a presentación da solicitude implica a desestimación desta.

Normativa aplicable:
Real decreto 1080/2008, do 30 de xuño, sobre ampliación de funcións da Administración do Estado traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de asociacións: declaración de utilidade pública das asociacións e aplicación de beneficios fiscais.
-Decreto 157/2008, do 10 de xullo, sobre a asunción de funcións. (Diario Oficial de Galicia, nº148, 1 de agosto de 2008)
-Lei orgánica 1/2002, reguladora do dereito de asociación, artigos 32 a 34.
-Real Decreto 1740/2003, do 19 de decembro, sobre procedementos relativos a asociacións de utilidade pública.
-Ley 49/2002, de 23 de diciembre, de Régimen Fiscal de las Entidades sin Fines Lucrativos y de los Incentivos Fiscales al Mecenazgo.
-Real Decreto 1270/2003, de 10 de octubre, para la aplicación del régimen fiscal de las entidades sin fines lucrativos y de los incentivos fiscales al mecenazgo.

Requisitos que deben cumprir as asociacións para poder ser declaradas de utilidade pública:
Están previstos no artigo 32 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, de forma resumida:

  • os seus fins estatutarios tendan a promover o interese xeral.
  • a súa actividade non estea restrinxida a beneficiar exclusivamente aos seus asociados.
  • que os cargos directivos non perciban retribucións ou, de facelo, que estan non o sexan con cargo a fondos ou subvencións públicas.
  • suficiencia dos medios materiais e personais.
  • Inscrición no rexistro respectivo cunha antigüidade mínima de dous anos.

Documentación a presentar:

1. Solicitude de declaración de utilidade pública, na que deberá constar:

  • Os datos de identificación da entidade solicitante
  • O código de identificación fiscal.
  • Natureza xurídica.
  • Número de inscripción no Rexistro de Asociacións, ou no seu caso no rexistro correspondente.
  • Data da inscrición, e o seu contido haberá de axustarse ao disposto no artigo 70.1 da Lei 30/1992, de 26 de novembro (RCL 1992, 2512, 2775 e RCL 1993, 246), de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
  • Deberá constar, ademais, claramente e de forma sucinta, as razóns da petición e informe xustificativo dos obxectivos da asociación para que sexa considerada como de utilidade pública, con especial referencia ás súas actividades de interese xeral, de conformidade coas enunciadas no artigo 32.1.a) da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación.

2. Memoria, na que se reflictan as actividades que desenvolva, ininterrumpidamente, como mínimo, durante os dous exercicios económicos anuais precedentes a aquel en que se presenta a solicitude. Dita memoria deberá ser asinada por todos os membros da xunta directiva ou órgano de representación da entidade.

3. Contas anuais dos dous últimos exercicios pechados, comprensivas do balance de situación, a conta deresultados e a memoria económica, que mostren a imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira e dos resultados da entidade. Ditos documentos presentaranse asinados polos membros da xunta directiva ou órgano de representación.

4. Certificación da Axencia Estatal de Administración Tributaria na que conste que se atopa ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e que non constan débedas co Estado de natureza tributaria en período executivo.

5. Certificación da Consellería de Economía e Facenda na que conste que se atopa ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e que non constan débedas coa Comunidade Autónoma de natureza tributaria en período executivo.

6. Certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social de acharse ao corrente nas súas obrigas coa Seguridade Social.

7. Copia compulsada, no seu caso, do alta no epígrafe correspondente do Imposto sobre Actividades Económicas.

8. Certificación do acordo do órgano da asociación que sexa competente polo que se solicita a declaración de utilidade pública.

Presentación de solicitudes.
As solicitudes poderánse presentar no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións
Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

A quen deben dirixirse a solicitudes.

Se a Asociación é:

  • de ámbito autonómico á Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
    San Caetano s/n. Santiago de Compostela
  • de ámbito provincial, dependendo da provincia a:
    -Rexistro Provincial de Asociacións da Coruña
    Praza Luís Seoane, s/n – 15008 A Coruña
    -Rexistro Provincial de Asociacións de Lugo:
    Ronda da Muralla, 70 – 27071 Lugo
    -Rexistro Provincial de Asociacións de Pontevedra:
    R/ Fernández Ladreda, 43-9º – 36003 Pontevedra
    -Rexistro Provincial de Asociacións de Ourense:
    Avda. da Habana, 79 – 32004 Ourense.

Revogación da declaración de utilidade pública
Realízase mediante Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, cando concorra calquera das causas legais (incumprimento de requisitos, da obriga de render contas dentro do prazo de seis meses seguintes á finalización do exercicio ou non facilitar informes requiridos). A resolución porá fin á vía administrativa e publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Rendición de contas de entidades declaradas de utilidade pública
As asociacións declaradas de utilidade pública deberán presentar a rendición de contas do último exercicio pechado dentro do prazo de seis meses seguintes á súa finalización no rexistro onde se atope inscrita a asociación.
As asociacións poderán empregar o modelo abreviado cando á data de peche do exercicio concurran, cando menos, dúas das tres circunstancias seguintes:
a) Que o total de partidas do activo non supere os 2.404.048,42 euros.
b) Que o importe neto do seu volume anual de ingresos non supere os 2.404.048,42 euros.
c) Que o número medio de traballadores empregados durante o exercicio non sexa superior a 50.

As asociacións obrigada a formular contas anuais no modelo normal deberán someter a auditoría as súas contas e acompañarán a elas un exemplar do informe dos auditores, asinado por estos.

Documentación a presentar:

  • Solicitude, asinada polo solicitante, incluíndo os seus datos de identificación, así como as da asociación, descrición da documentación, petición, lugar e data.
  • Certificación do acordo da Asemblea que inclúa a aprobación das contas, expedida polo secretario co visto e prace do presidente. No caso de sometemento a auditoría, nomeamento dos auditores.
  • Balance de situación, conta de resultados e memoria, asinadas por todos os membros da Xunta directiva.
  • Memoria de actividades, asinada por todos os membros da Xunta Directiva.
  • No seu caso, exemplar do informe de auditoría.

Onde solucionar as dúbidas…
Pódese dirixir a utilidade.publica@xunta.es

San Caetano, s/n – 15704 Santiago de Compostela
Correo-e:
rexistro.asociacions@xunta.es

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *