Archivos Eventos

XVII FESTA VECIÑAL TEIS FEST 

A Asociación Veciñal de Teis organiza o sábado 14 de setembro unha festa na Praza da Etea con música, xogos infantís e festa da escuma. Para máis información clica na seguinte ligazón.

$25 – $30

I ANDAINA POPULAR VALLE INCLÁN

Soutomaior e Redondela únense para impulsar unha ruta dedicada a Valle-Inclán. Non o penses e anímate! Se queres saber máis acerca desta andaina non dubides en ver esta ligazón.

FESTA D@ SOCIO EN SALCEDA DE CASELAS    

O vindeiro 15 de setembro, en Soutelo, Salceda de Caselas, o Centro Cultural e Social acollerá a celebración desta festa dedicada aos socios e ás socias. O evento inclúe actuacións musicais, actividades de ocio para os pequenos e a degustación dunha deliciosa comida. Non a perdas! Para máis información clica na seguinte ligazón  

CUARTA EDICIÓN DOS PREMIOS #MULLERES NO FOCO

A Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) ten como obxectivo poñer en valor o traballo da muller no audiovisual galego co fin de mudar as cifras de infrarrepresentación actuais das profesionais do sector. Por iso, un ano máis, convoca unha nova edición dos Premios #Mulleres no Foco de apoio ás mulleres do sector audiovisual, dado que, aínda a día de hoxe, as mulleres seguen precisando apoio e visibilidade na maior parte das profesións vinculadas a este sector, feito que se acentúa nos postos relacionados coa toma de decisións e nos de maior prestixio social. Informate canto antes! Se queres saber máis non dubides en clicar nesta ligazón.

XXXI REVOLTALLO   

O Centro Cultural de Valladares organiza unha nova edición do Revoltallo chea de actividades, obradoiros e música en directo para desfrutar, aprender, compartir en familia e con amizades que terá lugar dende o 20 a 22 de Setembro na Carballeira do Pedregal de Valadares, na cidade de Vigo. Para máis información clica na seguinte ligazón.

ANDAINA NOCTURNA EN SALCEDA DE CASELAS

O día 21 de setembro ás 20:30 horas en grupos de 6 a 12 persoas en Salceda de Caselas, a Asociación Xuvenil “Nós somos Nós” organiza unha andaina nocturna con chocolate para todos/as.   Para máis información acerca deste evento clica na seguinte ligazón.    

CONCERTO DIDÁCTICO EN VINCIOS

A Agrupación Musical de Vincios, en Gondomar, ofrecerá un concerto didáctico para toda a familia no Centro Cultural o sábado 21 de Setembro ás 19.00 horas, organizada pola escola de música Trémolo.   Para máis información consulta a seguinte ligazón.

TRIATLÓN DESAFÍO ILLAS CÍES

A Asociación de Natación Augas Abertas de Galicia organiza unha nova edición desta travesía a nado, non competitiva o día 22 de setembro. Para máis información clica na seguinte ligazón.

XVIII FESTA DA ZORZA

A Asociación de Veciños da parroquia de Ventín organiza a XVIII Festa da Zorza no Concello de Fornelos de Montes coa XII Concentración de vespas e lambretas e a actuación do Trío Armonía. Colabora a Casa Rural de Ventín. Non cha perdas! Para máis información clica na seguinte ligazón.