Archivos Eventos

CONCERTO DIDÁCTICO EN VINCIOS

A Agrupación Musical de Vincios, en Gondomar, ofrecerá un concerto didáctico para toda a familia no Centro Cultural o sábado 21 de Setembro ás 19.00 horas, organizada pola escola de música Trémolo.   Para máis información consulta a seguinte ligazón.

TRIATLÓN DESAFÍO ILLAS CÍES

A Asociación de Natación Augas Abertas de Galicia organiza unha nova edición desta travesía a nado, non competitiva o día 22 de setembro. Para máis información clica na seguinte ligazón.

XVIII FESTA DA ZORZA

A Asociación de Veciños da parroquia de Ventín organiza a XVIII Festa da Zorza no Concello de Fornelos de Montes coa XII Concentración de vespas e lambretas e a actuación do Trío Armonía. Colabora a Casa Rural de Ventín. Non cha perdas! Para máis información clica na seguinte ligazón.

SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE FESTAS TRADICIONAIS, PATRONAIS, COPATRONAIS, GASTRONÓMICAS, FESTIVAIS FOLCLÓRICOS E ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS (PERÍODO 2023 – 2024)

O Servizo de Festas Especiais da Concellería da Área de Parques e Xardíns, Comercio e Festas Especiais do Concello de Vigo desenvolve programas de festas tradicionais, patronais, gastronómicas e actividades socioculturais durante o período comprendido entre o 1 de novembro do ano 2023 ata o 31 de outubro do ano 2024, na cidade de Vigo. Se te dedicas ó mundo das festas,xa tes aquí as subvencións do teu interese! Para máis información clica na seguinte ligazón.

SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES NO ÁMBITO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Se a túa entidade é unha asociación empresarial, unha organización sindical, unha fundación sectorial ou unha asociación profesional de persoas traballadoras autónomas e entre os seus ámbitos de actuacións está a prevención de riscos laborais xa tes aquí as subvencións que te poden interesar. Non o penses e infórmate!   Se queres saber máis acerca desta subvención clica nesta ligazón.

XVI RALLY CIDADE DE VIGO

A Organización sen Ánimo de Lucro Escudería de Vehículos Clásicos ten programado este sábado vindeiro día 28 de setembro no Centro Comercial Gran Vía de Vigo unha exposición de vehículos clásicos.   Para máis información clica na seguinte ligazón.  

30 Aniversario ASEM Galicia

 ASEM Galicia é a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares, unha entidade sen ánimo de lucro, con 30 anos de historia, que foi declarada de Utilidade Pública. O próximo día 28 de setembro ás 11 horas en Santiago de compostela tes unha cita. Para máis información clica nesta seguinte ligazón.

Presentación do libro “Os anos tranquilos” 25N VIGO/2024

Presentación do libro “Os anos tranquilos” (Xerais, 2024) pola conta da autora Llerena Perozo Porteiro Lugar: Centro de Documentación e Recursos Feministas Biblioteca Pública de Vigo “Juan Compañel” (Rúa Joaquín Yáñez, 6-2º andar)