I ANDAINA POPULAR VALLE INCLÁN
Soutomaior e Redondela únense para impulsar unha ruta dedicada a Valle-Inclán. Non o penses e anímate! Se queres saber máis acerca desta andaina non dubides en ver esta ligazón.
FESTA D@ SOCIO EN SALCEDA DE CASELAS
O vindeiro 15 de setembro, en Soutelo, Salceda de Caselas, o Centro Cultural e Social acollerá a celebración desta festa dedicada aos socios e ás socias. O evento inclúe actuacións musicais, actividades de ocio para os pequenos e a degustación dunha deliciosa comida. Non a perdas! Para máis información clica na seguinte ligazón
XXXI REVOLTALLO
O Centro Cultural de Valladares organiza unha nova edición do Revoltallo chea de actividades, obradoiros e música en directo para desfrutar, aprender, compartir en familia e con amizades que terá lugar dende o 20 a 22 de Setembro na Carballeira do Pedregal de Valadares, na cidade de Vigo. Para máis información clica na seguinte ligazón.
ANDAINA NOCTURNA EN SALCEDA DE CASELAS
O día 21 de setembro ás 20:30 horas en grupos de 6 a 12 persoas en Salceda de Caselas, a Asociación Xuvenil “Nós somos Nós” organiza unha andaina nocturna con chocolate para todos/as. Para máis información acerca deste evento clica na seguinte ligazón.
CONCERTO DIDÁCTICO EN VINCIOS
A Agrupación Musical de Vincios, en Gondomar, ofrecerá un concerto didáctico para toda a familia no Centro Cultural o sábado 21 de Setembro ás 19.00 horas, organizada pola escola de música Trémolo. Para máis información consulta a seguinte ligazón.
TRIATLÓN DESAFÍO ILLAS CÍES
A Asociación de Natación Augas Abertas de Galicia organiza unha nova edición desta travesía a nado, non competitiva o día 22 de setembro. Para máis información clica na seguinte ligazón.
XVIII FESTA DA ZORZA
A Asociación de Veciños da parroquia de Ventín organiza a XVIII Festa da Zorza no Concello de Fornelos de Montes coa XII Concentración de vespas e lambretas e a actuación do Trío Armonía. Colabora a Casa Rural de Ventín. Non cha perdas! Para máis información clica na seguinte ligazón.
SUBVENCIÓNS PARA A ORGANIZACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS CON FINES DE INTERESE TURÍSTICO NO ANO 2024
Se eres unha entidade deportiva sen ánimo de lucro e desenvolves eventos deportivos con interese turístico no ámbito local co obxectivo de fomentar e promocionar o turismo, non te quedes sen estas axudas! Para máis información podes clicar nesta ligazón.
SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER E A IGUALDADE
Se eres unha entidade sen ánimo de lucro que desenvolve actividades e programas de promoción da muller e da igualdade, isto interésache! Para máis información clica na seguinte ligazón.
XVI RALLY CIDADE DE VIGO
A Organización sen Ánimo de Lucro Escudería de Vehículos Clásicos ten programado este sábado vindeiro día 28 de setembro no Centro Comercial Gran Vía de Vigo unha exposición de vehículos clásicos. Para máis información clica na seguinte ligazón.
30 Aniversario ASEM Galicia
ASEM Galicia é a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares, unha entidade sen ánimo de lucro, con 30 anos de historia, que foi declarada de Utilidade Pública. O próximo día 28 de setembro ás 11 horas en Santiago de compostela tes unha cita. Para máis información clica nesta seguinte ligazón.