PROGRAMA +CONVIVENCIA
O programa “+Convivencia” configúrase como un instrumento encamiñado ao fomento da participación, da convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra, ofrecéndolle alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación, impulsando a convivencia e o intercambio de experiencias, ao tempo que se garante a igualdade de oportunidades de colectivos con discapacidade. Paralelamente favorecerá a dinamización do tecido empresarial local en canto á contratación de pequenas e medianas empresas de autocares, restauración, axencias de viaxes etc. da contorna. Para máis información clica nesta ligazón
O TEATRO AFUNDACIÓN OFRECERÁ A 35 PROPOSTAS CULTURAIS ATA FINAL DE ANO
A Asociación Amigos da Ópera de Vigo bota organiza maravillosos espectáculos ata finais deste ano en Vigo. Para máis información acerca deste evento, clica na seguinte ligazón.
25N MOS
Mos presenta unha programación do 25N que pretende ‘crucificar’ a violencia machista en todas as súas manifestacións O deseño do cartel deste ano inspírase nesa idea, sobre a que tamén versará o acto central conmemorativo que terá lugar o luns 25 de novembro ás 17:30h na rotonda das Angustias, en Sanguiñeda 25N: - homenaxe ás 40 vítimas de violencia que perderon a vida a man das súas parellas ou ex parellas e ás 11 crianzas vítimas da violencia vicaria, que terá lugar ás 17:30h na rotonda das Angustias, parroquia de Sanguiñeda. - ás 19:00h, no Pazo de Mos, levarase a cabo o Pleno Ordinario mensual, no que se realizará un manifesto de repulsa e acompañamento a dor das familias. CHARLAS E OBRADOIROS PARA O ALUMNADO: Estes días, ademais, lévanse a cabo charlas e obradoiros para o alumnado e as familias dos centros educativos: - unha charla para as familias da ANPA do Ceip Pena de Francia da man da Fiscal Paula Blasco e a avogada do CIM Ana Rodríguez Cabaleiro hoxe mesmo e o 26 de novembro para a ANPA do Ceip Atín-Cela; - para o alumnado do IES o vindeiro día 22 realizarase unha actividade do programa Xénero Educa, do Grupo Koremi, dirixida a alumnado de 1º da ESO co obxectivo de proporcionar ao alumnado ferramentas para recoñecer e identificar as primeiras violencias machistas, - e unha formación para 4º da ESO sobre violencia sexual, concedida pola Dirección Xeral de Loita contra á Violencia de Xénero. #somosMos #crucificaMOSaviolenciamachista somos #igualdade somos #25N !
12:00h 25N SALCEDA DE CASELAS
25N Praza do Concello: 12:00h minuto de silencio Lectura manifesto por parte do alumnado CEP Altamira Centro de enfermidades neurodexenerativas AFAGA Actividade Interxeracional polo 25N coa participación do alumnado do CRA Raíña Aragonta e usuarios/as do programa cultiva a mente.
ENLAZAVIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25N VIGO/2024
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo Av. da Beiramar, 59, 36202 Vigo, Pontevedra, VigoAlumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de FP De 10:30 a 12:30 h Lugar: Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo Entrada con invitación previa
25N SOUTOMAIOR
Dias da actividade: Domingo 24 de novembro
Horarios: 12:30 a 13:00 h
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Público dirixido: Público Xeral
Acceso: Libre sen entrada
Lugar da actividade: Alameda Talo Río
MANIFESTACIÓN 25N VIGO/2024
Convoca: Rede de Mulleres contra os Malos Tratos Punto de encontro: Cruzamento Via Norte con Urzaíz
A HORA DO CONTO
Inicio da actividade: 29-11-2024 Fin da actividade: 29-11-2024 Dias da actividade: Venres 29 de novembro Horarios: 18:00 a 19:30 h Destinatarios/as: 4 - 12 anos Menores: Menores con autorización Público dirixido: Público Infantil Prazas: 25 prazas Acceso: De balde Lugar da actividade: Biblioteca Municipal Luis Seoane Inscricións: ata o Xoves 28 de novembro ás: 17:00 h
MERCADO DE NADAL – SALCEDA DE CASELAS
13-14-15 DE DECEMBRO Día límite da inscrición: 22 de Novembro Aquelas persoas comerciantes, artesás e asociacións que estean interesadas deben poñerse en contacto co Concello a través de benestar@salcedadecaselas.gal