#vigo
Calendario de Eventos
L Lun
M Mar
X Mié
J Jue
V Vie
S Sáb
D Dom
0 eventos,
0 eventos,
0 eventos,
0 eventos,
2 eventos,
THE WILD FEST NO PARQUE FORESTAL DE SAN MIGUEL DE OIA, EN VIGO
A Asociación Cultural The Wild organiza este festival de música, cinema e lecer na natureza, celebrando a súa sexta edición do 30 de agosto ao 1 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia. Para máis información clica na seguinte ligazón.
FESTA NA HONRA A VIRXE DOS AFLIXIDOS DE ZAMÁNS
No Concello de Vigo o ritmo da orquestra Kubo tomará de novo as rúas. Esta vez, será en Zamáns, onde a agrupación desplegará o seu escenario, considerado como o mais grande de Europa para celebrar as festas na honra a Virxe dos Aflixidos. Para máis información consulta a seguinte ligazón.
0 eventos,
0 eventos,
0 eventos,
0 eventos,
1 evento,
XXIV BAIXADA DE CARROS DE BOLAS DE FREIXO
A Asociación Cultural Peña Freixo festexará o sábado 7 de setembro no barrio de O Freixo da cidade de Vigo, a XXIV Baixada de Carros de Bolas, que un ano máis contará coa participación de numerosas persoas.Non o penses a acode a desfrutar! Se queres coñecer máis acerca deste evento clica na seguinte ligazón.
2 eventos,
XIII 10 KMS – ALFONSO MORO
O 08 de setembro, o Club ADN Runners-Telmo Perruqueiros organiza a XIII 10 Km do Berbés coa colaboración da Autoridade Portuaria de Vigo e coa Asociación de Familias Personas con Parálisis Cerebral (APAMP).Se che gusta sair a correr xa tes aquí o evento que pode ser do teu agrado. Para máis información clica na seguinte ligazón.
CONCERTOS OUTONO, VIGO “UN MAR DE BANDAS”
Como cada ano, o programa do Concello "Vigo, un Mar de Bandas" xunto coa Federación de Bandas Música Populares de Vigo inundará de música varias zonas da cidade. Se eres un apaixoado da boa música animate a vir! Para máis información clica nesta ligazón.
2 eventos,
A NUBEIRA, CENTRO SOCIAL AUTOXESTIONADO POR E PARA A CIDADANÍA EN VIGO
O 14 de xuño o Centro Social A Nubeira deuse a coñecer como proxecto que busca ofrecer un espazo de convivencia para toda a cidadanía.Trátase dun centro social autoxestionado, que ten como obxectivo dinamizar a cidade. Para máis información clica nesta ligazón.
4 eventos,
FEIRA ESDOMAR NO PORTO DE VIGO
O sábado 14 de setembro, de 12:00 a 20:00 horas, celebrarase a Feira #ESDOMAR no porto de Canido,iniciativa, desenvolvida no marco do proxecto "EU SON ECONOMÍA SOCIAL DO MAR", liderado pola Fundación FUNDAMAR, en colaboración coa Confraría de Pesca de Vigo, e grazas ao apoio da REDE EUSUMO, da Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra. Non perdas a ocasión de vir. Agardámoste. Para máis información clica na seguinte ligazón.
XVII FESTA VECIÑAL TEIS FEST
A Asociación Veciñal de Teis organiza o sábado 14 de setembro unha festa na Praza da Etea con música, xogos infantís e festa da escuma. Para máis información clica na seguinte ligazón.
2 eventos,
SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE FESTAS TRADICIONAIS, PATRONAIS, COPATRONAIS, GASTRONÓMICAS, FESTIVAIS FOLCLÓRICOS E ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS (PERÍODO 2023 – 2024)
O Servizo de Festas Especiais da Concellería da Área de Parques e Xardíns, Comercio e Festas Especiais do Concello de Vigo desenvolve programas de festas tradicionais, patronais, gastronómicas e actividades socioculturais durante o período comprendido entre o 1 de novembro do ano 2023 ata o 31 de outubro do ano 2024, na cidade de Vigo. Se te dedicas ó mundo das festas,xa tes aquí as subvencións do teu interese! Para máis información clica na seguinte ligazón.
3 eventos,
XVI RALLY CIDADE DE VIGO
A Organización sen Ánimo de Lucro Escudería de Vehículos Clásicos ten programado este sábado vindeiro día 28 de setembro no Centro Comercial Gran Vía de Vigo unha exposición de vehículos clásicos. Para máis información clica na seguinte ligazón.