Etiqueta #subvencions

SUBVENCIÓNS PARA PROGRAMAS DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE E ACTUACIÓN DO PLAN CORRESPONSABLES

Concesión de subvencións destinadas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o ano 2024 coa finalidade de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e  para o desenvolvemento de actuacións orientadas a facilitar a conciliación das familias con menores a cargo de ata 16 anos de idade mediante a creación de bolsas de coidado profesional. Clica nesta ligazón para máis información.

CONVOCATORIA PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA

Apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables limitados a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos en réxime de autoconsumo. Para máis información clicka nesta ligazón.  

CEPES PUBLICA CONVOCATORIA DE AXUDAS AO EMPRENDEMENTO SOCIAL

A Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), en calidade de Organismo Intermedio do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social (EFESO), cofinanciado polo FSE+, lanzou unha convocatoria de axudas a entidades de economía social cunha dotación de 20.850.000 millóns de euros. O período de execución da convocatoria será desde o 1 de enero de 2024 ao 31 de decembro de 2026. As operacións seleccionadas terán unha duración máxima de 72 meses e mínima de 68.   Podes atopar máis información e os trámites a seguir clicando nesta ligazón.

SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DE ARTES ESCÉNICAS 2024

Se vas levar a cabo un proxecto e artes escéncias xa podes solicitar a subvención que a Xunta de Galicia destina a impulsar a creación, produción e difusión de espectáculos teatrais,danza e outras formas de arte no territorio galego. Para máis información clica  na seguinte ligazón.