Etiqueta #subvencions

Todo el día

PROGRAMA +CONVIVENCIA

O programa “+Convivencia” configúrase como un instrumento encamiñado ao fomento da participación, da convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra, ofrecéndolle alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación, impulsando a convivencia e o intercambio de experiencias, ao tempo que se garante a igualdade de oportunidades de colectivos con discapacidade. Paralelamente favorecerá a dinamización do tecido empresarial local en canto á contratación de pequenas e medianas empresas de autocares, restauración, axencias de viaxes etc. da contorna.   Para máis información clica nesta ligazón

En marcha

IV PREMIO SESÉ MATEO DE XORNALISMO ÉTICO NO TRATAMENTO DA VIOLENCIA MACHISTA

 O Concello de Redondela outorga o IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo que pretende premiar a aqueles ou aquelas profesionais do xornalismo que, ademais de informar, o saiban facer con ética, fuxindo do sensacionalismo e tendo coidado coa intimidade das vítimas e das persoas superviventes máis vulnerables. Tamén daquelas persoas que, con valentía, atendan a esta secuela do patriarcado e do machismo como se merece: sinalando a súa profunda raíz e alentando a toda a sociedade a arrincala de vez. Para máis información clica na seguinte ligazón.

SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE FESTAS TRADICIONAIS, PATRONAIS, COPATRONAIS, GASTRONÓMICAS, FESTIVAIS FOLCLÓRICOS E ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS (PERÍODO 2023 – 2024)

O Servizo de Festas Especiais da Concellería da Área de Parques e Xardíns, Comercio e Festas Especiais do Concello de Vigo desenvolve programas de festas tradicionais, patronais, gastronómicas e actividades socioculturais durante o período comprendido entre o 1 de novembro do ano 2023 ata o 31 de outubro do ano 2024, na cidade de Vigo. Se te dedicas ó mundo das festas,xa tes aquí as subvencións do teu interese! Para máis información clica na seguinte ligazón.

SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES NO ÁMBITO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Se a túa entidade é unha asociación empresarial, unha organización sindical, unha fundación sectorial ou unha asociación profesional de persoas traballadoras autónomas e entre os seus ámbitos de actuacións está a prevención de riscos laborais xa tes aquí as subvencións que te poden interesar. Non o penses e infórmate!   Se queres saber máis acerca desta subvención clica nesta ligazón.