#subvencions
PROGRAMA +CONVIVENCIA
O programa “+Convivencia” configúrase como un instrumento encamiñado ao fomento da participación, da convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra, ofrecéndolle alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación, impulsando a convivencia e o intercambio de experiencias, ao tempo que se garante a igualdade de oportunidades de colectivos con discapacidade. Paralelamente favorecerá a dinamización do tecido empresarial local en canto á contratación de pequenas e medianas empresas de autocares, restauración, axencias de viaxes etc. da contorna. Para máis información clica nesta ligazón
SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES A TRAVÉS DAS PRÁCTICAS ARTÍSTICAS E A CULTURA COMUNITARIA
O Instituto das Mulleres publicou a segunda convocatoria de subvencións para o fomento da igualdade entre mulleres e homes a través das prácticas artísticas e a cultura comunitaria para o ano 2024. Se che interesa deixámoste máis información na nosa ligazón.
AXUDAS PARA PROXECTOS COLECTIVOS FINANCIADOS POLO FONDO EUROPEO MARÍTIMO, DE PESCA E DE ACUICULTURA
Grazas a FEMPA, se eres unha asociación ou confraría relacionada co mundo da pesca, tes aquí as subvencións do teu interese. Para máis información acerca desta subvención clica nesta ligazón.
SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA E ENTIDADES LOCAIS NO PROGRAMA DE VOLUNTARIADO XUVENIL
Se estás pendente das interesantes subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais para contratar persoas mozas de idades comprendidas entre 16 e 30 anos, xa están dispoñibles, non perdas a ocasión de informarte! Para máis información sobre esta subvención, non dubides en visitar a nosa ligazón.
SUBVENCIÓNS PARA O IMPULSO DUNHA REDE DE MERCADOS EXCELENTES DE GALICIA E A DINAMIZACIÓN E REVITALIZACIÓN DAS PRAZAS DE ABASTOS
A Xunta de Galicia concede axudas para impulsar a Rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos para este ano 2024. Para máis información clica nesta ligazón.