#subvencions
PROGRAMA +CONVIVENCIA
O programa “+Convivencia” configúrase como un instrumento encamiñado ao fomento da participación, da convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra, ofrecéndolle alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación, impulsando a convivencia e o intercambio de experiencias, ao tempo que se garante a igualdade de oportunidades de colectivos con discapacidade. Paralelamente favorecerá a dinamización do tecido empresarial local en canto á contratación de pequenas e medianas empresas de autocares, restauración, axencias de viaxes etc. da contorna. Para máis información clica nesta ligazón
SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES A TRAVÉS DAS PRÁCTICAS ARTÍSTICAS E A CULTURA COMUNITARIA
O Instituto das Mulleres publicou a segunda convocatoria de subvencións para o fomento da igualdade entre mulleres e homes a través das prácticas artísticas e a cultura comunitaria para o ano 2024. Se che interesa deixámoste máis información na nosa ligazón.
AXUDAS PARA PROXECTOS COLECTIVOS FINANCIADOS POLO FONDO EUROPEO MARÍTIMO, DE PESCA E DE ACUICULTURA
Grazas a FEMPA, se eres unha asociación ou confraría relacionada co mundo da pesca, tes aquí as subvencións do teu interese. Para máis información acerca desta subvención clica nesta ligazón.